Skip to Content

ADMISIÓN: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021-22: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no proceso de Admisión para o curso 2021-2022. Os interesados poden facer a consulta das listaxes no taboleiro de anuncios da secretaría do centro ou a través da aplicación electrónica de admisión (só persoas que dispoñan de certificado electrónico de acceso).

Contra as listaxes provisionais poderá formularse reclamación dirixida ao Consello escolar no prazo de cinco días hábiles a partir da súa publicación (é dicir, con data máxima do vindeiro martes 13 de abril).

A publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos realizarase a partir do 25 de abril e con data límite de 15 de maio, dacordo coa Orde de 18 de decembro de 2020.



page | by Dr. Radut