Skip to Content

INICIO DE CURSO

ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO DÍA DE CURSO

Cole

Por fin chegou  O DÍA...
A bo seguro que todos e todas o estabades desexando con fervor! Profesorado, alumnado, familias... ninguén acouga coas gañas de comezar o curso! Pois para dar satisfacción aos que tanto agardaron polas clases, aquí lles adicamos unhas liñas informativas sobre a organización do primeiro día de curso, luns 16 de setembro.
adorno

LISTAXES DOS GRUPOS: colocaranse listaxes dos grupos na porta de entrada e nas paredes frontais do centro

HORARIO DA XORNADA: haberá clase normal desde as 08:30 ata as 14:10

TRANSPORTE ESCOLAR: haberá transporte nas dúas liñas habituais con horario normal (chegada ao centro en torno ás 08.20 a primeira hora)

ENTRADA DOS CURSOS:

    • 1º ESO: agardarán na porta de entrada ata que sexan chamados á recepción cos titores no Salón de actos
    • 2º, 3º e 4º de ESO: agardarán na verxa de entrada ao patio, onde os titores irán chamando aos grupos por orde.
    • 1º e 2º de Bacharelato: entrarán tamén pola verxa lateral de entrada ao patio e acompañarán ao profesorado titor ata as súas aulas de referencia
PRESTADE ATENCIÓN AOS CARTEIS INDICADORES
QUE HABERÁ NA ENTRADA

 

LEMBRADE TRAER MATERIAL PARA ESCRIBIR!


page | by Dr. Radut