IES EDUARDO PONDAL

Filosofía

Profesores do departamento de Filosofía

Profesor Materia Curso

Lucía Castro Varela

 

 

Historia da Filosofía

Psicoloxía

 

 

2º Bacharelato A, B

2º Bacharelato A,B

PLATÓN

 

 

 

AGORA

Ágora, a última película de Amenábar, estreouse o día nove de outubro. A acción sitúase no século IV, na cidade de Alexandría. Exipto está baixo a ocupación do Imperio romano. As violentas revoltas relixiosas nas rúas da cidade alcanzan á famosa Biblioteca de Alexandría. Alí dá clases Hipatia, brillante filósofa e astrónoma que loita coa axuda dos seus discípulos por salvar a sabedoría do mundo antigo. A pelicula fala da loita entre a razón e a fe, entre a ciencia e filosofía por unha banda e as crenzas levadas ó límite “fanatismo”. Tamén fala das loitas polo poder da época que son o motivo de moitos dos conflitos. O Museo é o símbolo da racionalidade e do amor ao saber que xenera tolerancia, un valioso antídoto ante ó fanatismo. Hipatia, atrapada nun mundo de luces e sombras, simboliza a actitude da filósofa/o, que de modo desinteresado busca o coñecemento. A súa figura encarna a tolerancia, liberdade e coherencia levada ata as máximas consecuencias.

 “Para saber un pouco máis

Alexandría é fundada por Alexandre Magno no ano 322 a.c. Á morte de Alexandre un xeneral chamado Ptolomeo quédase coa provincia de Exipto e funda ca axuda de Demetrio o Museo coñecido como bibliteca de Alexandría”que pronto se convirte na capital cultural do mundo helenístico; inspirada no Liceo de Aristóteles. Constaba de catro departamentos: astronomía, filoloxía, matemáticas e mediciña. Alí investigaron: Euclides, Arquímedes, Aristarco de Samos, Eratóstenes,Galeno Ptolomeo, Hipatia..... A época de esplendor durou aproximadamente século e medio. No ano 145 a.c prodúcese a primeira grande crise da biblioteca. No ano 47 a.c prodúcese a segunda crise. Durante a campaña de Cesar en Exipto a biblioteca é incendiada. Octaviano conquista Alexandría no ano 30 a.c. e Exipto convírtese en provincia do Imperio romano. Durante a época imperial a biblioteca non tivo un papel importante. Os cristianos ven un perigo na investigación científica da biblioteca. No ano 391 o obispo Teófilo consinte o saqueo da biblioteca – época que retrata Amenábar- O golpe de gracia prodúcese da man dos mahometanos que, tras conquistar Alexandría, deciden no 641 a total destrucción da biblioteca, ao considerar inútil calquera libro que fose o Corán.

A BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA

ÁGORA

 

 

OS PRESOCRÁTICOS

SÓCRATES

Distribuir contido