IES EDUARDO PONDAL

Novas Biblioteca

Cartas premiadas

Velaquí tedes as cartas premiadas no I Concurso de Cartas de Amor e Desamor convocado pola biblioteca e Normalización para o día dos namorados. Paga a pena lelas, só dicir que corren moitos ventos de desamor… ai, eses corazóns…

Concurso de Coplas de Entroido

 

O IES de Ponteceso organiza un concurso de disfraces e coplas de entroido. Os participantes deberán compoñer unha copla que faga referencia ao disfraz que leven. Haberá categorías individual e de grupo. Se queredes participar tedes que anotarvos en vicedirección. Da vosa participación depende o éxito do concurso.

Ánimo e ... a facernos rir!!!

I Concurso de Cartas de amor

 

A biblioteca xunto co Departamento de Normalización Lingüística ven de organizar unha actividade de escritura para celebrar o Día dos Namorados , nada menos que un concurso de cartas de amor ou desamor dirixida a todo o alumnado que queira dese  xeito deixar voar os seus sentimentos.

Aquí  tedes as bases.

Lecturas pola Paz

Presentámosvos unha pequena guía de lecturas para celebrar o Día Escolar da Paz e da non- violencia. Están clasificadas por niveis, pero lembrade que hai unha morea de libros relacionados co tema que podedes ver no corredor, ou ben preguntarlle @ bibliotecari@. Temos recursos para todos os gustos.


Éxito rotundo da campaña de lectura de Nadal

Queremos darlle as grazas a todas as persoas que fixeron posible esta bonita campaña de “agasallos” en forma de recomendacións lectoras (ao profesorado que se animou a participar, a toda a rapazada que pouquiño a pouco foi facendo medrar a ilusión dos regalos e a Marga, profesora do IES As Mariñas quen xentilmente nos prestou a idea .

 Case chegamos aos 140 préstamos, o ano que vén iremos a polos 200!!!

Felices lecturas

Distribuir contido