IES EDUARDO PONDAL

Espíritos inquedos

 
O Home pode ser, máis ou menos, Sapiens: o que si é certo é que foi sempre Variens.

A milenaria civilización chinesa honrou espectacularmente ós seus defuntos, ós seus defuntos, ós seus "espíritos inquedos", como podemos admirar no numeroso exército de terracota do seu primeiro emperador. Hoxe en día, apresurados na súa carreira como potencia económica emerxente, esfrangullan  os ósos oraculais e as ofrendas funerarias ... o tixolo dos novos edificios suplantan ós corpos imperiais de barro.

  Pola contra, os hadza viven no presente. A súa civilización é a mera supervivencia na árida sabana de Tanzania. Representan o Paleolítico en estado puro: sen agricultura, horarios, ataduras sociais, xefes ... só a caza de babuínos de ritual de enterramento: unhas poliñas secas balizan o túmulo dun ser querido, proseguindo a tribo o seu nomadeo sen voltar a vista atrás.

 Dous xeitos de vida radicalmente diferentes ... ¿Cal dos dous pervivirá dentro dunha xeración?

  Percorrendo o exemplar de xaneiro da revista "National Geographic", invitámosvos a un safari e a unha pesquisa arqueolóxica sen saír da acolledora biblioteca do Insti ... ¿Apetécevos?