Programación Didáctica

 

CONTIDOS MÍNIMOS PRIMEIRO ESO :

 

a) O planeta Terra ( a Terra no espacio. Continentes e océanos. Relevo e augas continentais en tódolos continentes ).

b) Os medios naturais do planeta ( a atmósfera. Os climas e os seres vivos. Os medios naturais das zonas cálidas : cálida, temperada e fría ).

c) A Prehistoria e as primeiras civilizacións ( Paleolítico. Neolítico. Idade dos Metais. Mesopotamia. Exipto ).

d) O mundo clásico ( Grecia. Roma e o seu Imperio. A Hispania romana. A fin do mundo romano ).

CONTIDOS MÍNIMOS SEGUNDO ESO :

a) A poboación e a actividade económica ( evolución, distribución e variacións da poboación mundial. Os sectores económicos ).

b) Organización social e política ( sociedade e culturas. Estados e rexións dos distintos continentes. Organización do Estado español ).

c) Europa despois da caída do Imperio Romano ( Bizancio, Estados xermánicos, o Islam ).

d) O mundo medieval : feudalismo ( Europa entre os S. IX e XI. Arte románica ) e Baixa Idade Media ( cidade e burguesía. Arte gótica ).

CONTIDOS MÍNIMOS TERCEIRO ESO :

a) Balanza e intercambios comerciais no mundo.

b) Pirámide e taxas demográficas.

c) Sectores económicos.

d) Tipos de cidades e de paisaxes rurais.

e) Revolución Industrial e Capitalismo.

f) Revolución Francesa. Liberalismo e Socialismo.

g) Imperialismo. Nacionalismo.

h) Esquema da España dende Fernando VII ata a Rexencia de María Cristina de Habsburgo.

CONTIDOS MÍNIMOS CUARTO ESO :

a) Primeira Guerra Mundial e Europa de entreguerras.

b) Revolución Rusa.

c) Segunda Guerra Mundial e Guerra Fría.

d) Descolonización.

e) A Nova Orde Económica.

f) Esquema da España dende Alfonso XIII ata a actualidade.

 

CONTIDOS MÍNIMOS PRIMEIRO BACHARELATO :

a) Revolución Francesa.

b) Revolución Industrial.

c) Revolucións Burguesas e Nacionalismos.

d) Socialismo e Anarquismo.

e) Imperialismo e Segunda Revolución Industrial.

f) Primeira Guerra Mundial e Revolución Rusa.

g) Crack do 29.

h) Fascismos e Segunda Guerra Mundial.

i) Guerra Fría e Descolonización.

CONTIDOS MÍNIMOS HISTORIA DE ESPAÑA ( SEGUNDO BACHARELATO ) :

a) Introducción breve sobre a Historia Antiga, Medieval e Moderna de España.

b) Construcción do Estado liberal.

c) A Restauración.

d) A II República.

e) Guerra Civil e Franquismo.

f) Monarquía de Xoan Carlos I.

 

CONTIDOS MÍNIMOS HISTORIA DA ARTE ( SEGUNDO BACHARELATO ) :

A) Arte Clásico : Grecia e Roma.

B) Bizancio e o Islam.

C) Románico e Camiño de Santiago.

D) Gótico : catedrais.

E) Renacemento : Primitivos italianos e flamencos ; Quattrocentto ; Quinquecentto.

F) Barroco : Contrarreforma.

G) Desmaterialización da arte : Impresionismo ; Postimpresionismo.

H) Vangardas ou “ Ismos “.

I) Picasso, Dalí e Miró.

J) Arquitectura do S. XX.

K) Artes plásticas da segunda metade do S. XX.

CONTIDOS MÍNIMOS XEOGRAFÍA DE ESPAÑA ( SEGUNDO BACHARELATO):

a) Diversidade xeomorfolóxica.

b) Diversidade climática.

c) Diversidade hídrica.

d) Paisaxes naturais e a súa interrelación.

e) Natureza e sociedade.

f) Sectores económicos.

g) Poboación española.

h) Espacio urbano.

i) Organización territorial e desequilibrios rexionais.


SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN DE PRIMEIRO E SEGUNDO ESO :

A avaliación é continua e nela tense en conta :

a) O traballo diario na clase ( exercicios no caderno do alumno, preguntas orais sobre so temas que se están estudando, preguntas en mapas mudos ).

b) Controis periódicos de cada un dos temas que se van explicando e preguntando na clase.

A nota de cada avaliación resulta da media aritmética de tódolos controis feitos ó longo do trimestre e a cualificación media do traballo na aula.

A nota final de xuño é a media aritmética das tres avaliacións realizadas ó longo do curso.

SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN TERCEIRO E CUARTO ESO :

a) Exposición-corrección oral de exercicios individualizados ( repaso da materia práctica e teórica con notas – Mal, Regular baixo ou alto, Ben ou Moi Ben ) que axudan a complementar as notas finais derivadas das probas escritas.

b) Traballos realizados e expostos polos alumnos na aula : é unha nota colectiva por grupos de traballo, para temas monográficos ou recensións bibliográficas, estas últimas de elección voluntaria.

c) Probas escritas, dúas por avaliación, facendo media matemática das mesmas. Poden variar sustancialmente ( á alza ) segundo sexan as notas diarias de aula, rexistradas nas fichas personalizadas de cada grupo e alumno ( libro diario do profesor ). O exercicio consta de dous blocos : un de conceptos ( identificación dos mesmos ), isto é, vocabulario de Historia comentado, desenvolvido e salientado nas explicacións concretas de cada tema ( valor : seis puntos ), sempre á escolla dentro dun grupo de “ identificas “ determinados. Unha segunda parte da proba é de desenvolvemento da teoría ( narración dos feitos históricos ) dun tema máis monográfico de Historia ( 4º ESO ) ou Xeografía ( 3º ESO ), coa puntuación de 4 en total.

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN PRIMEIRO BACHARELATO :

a) Comentario de texto ( mapa, gráfico, táboa de datos ), no que o alumno terá que responder a unha serie de preguntas ( 4 puntos será a cualificación neste apartado ).

b) Dúas preguntas curtas de teoría ( 2 puntos cada unha ).

c) Unha pregunta de vocabulario de termos históricos, relacionados coa materia impartida, que o alumno deberá definir brevemente ( 2 puntos, a razón de 0,5 puntos por cada termo correctamente definido ).

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN HISTORIA DE ESPAÑA :

a) Comentario sobre un texto histórico, gráfico, mapa, táboa de datos ( ou conxunto de varios deles que permita analizar un feito concreto ). Valor : 4 puntos.

b) Dúas preguntas de teoría, de resposta non moi extensa. Valor : 2 puntos cada unha delas.

c) Unha pregunta de vocabulario histórico relacionado coa materia estudada. Valor: 2 puntos.

d) En todas estas probas valorarase a expresión escrita ( presentación, ortografía, redacción ).

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN HISTORIA DA ARTE :

a) Comentario sobre varias obras artísticas ( pintura, escultura e arquitectura ) dun mesmo período histórico ou estilo común a todas elas. Valor : 6 puntos.

b) Preguntas de vocabulario artístico relacionado coa materia estudada. Valor : 2 puntos.

c) Traballo de investigación sobre un autor concreto en cada trimestre. Valor : 2 puntos.

SISTEMA DE CUALIFICACIÓN XEOGRAFÍA DE ESPAÑA :

a) Análise, interpretación e explicación dun documento gráfico ( perfil de relevo, mapa, climograma, plano dunha cidade ), cunha puntuación máxima de 3 puntos.

b) Unha pregunta de teoría, non moi extensa ( 3 puntos de valor ).

c) Unha pregunta de localización de lugares ou accidentes xeográficos do noso país (provincias, comunidades autónomas, cabos, golfos, etc), cun valor de 2 puntos. Deberase ter en conta que o mapa de España – tanto físico como político – entrará en tódolos exames do curso.

d) Unha pregunta de definicións de termos xeográficos relacionados co tema a estudar. 2 puntos de valor.


 

MATERIA PENDENTE EN PRIMEIRO E SEGUNDO ESO :

Os alumnos con materia pendente do curso anterior fan dúas probas, correspondentes a primeira delas ós temas de Xeografía ( realizada no segundo trimestre do curso ) e a segunda proba, relativa ós temas de Historia ( no terceiro trimestre ).

MATERIA PENDENTE TERCEIRO CUARTO ESO :

As materias pendentes dos cursos anteriores recupéranse mediante probas escritas (dúas, repartidas entre o segundo e terceiro trimestre), coordenadas entre o profesor titular da asignatura e o xefe do departamento, equilibrando os temas de Xeografía e Historia respectivamente.

MATERIA PENDENTE PRIMEIRO CURSO BACHARELATO :

Despois de cada avaliación, farase unha recuperación para aqueles alumnos que non acadaron o aprobado. Esta recuperación poderá consistir nunha proba escrita ou nun traballo.

 

MATERIA PENDENTE SEGUNDO HISTORIA :

Despois de cada avaliación, farase unha recuperación para aqueles alumnos que non acadaron o aprobado. Esta recuperación poderá consistir nunha proba escrita ou nun traballo sobre un réxime político concreto ou acontecemento relevante.

MATERIA PENDENTE ARTE :

Despois de cada avaliación, farase unha recuperación para aqueles alumnos que non acadaron o aprobado. Esa recuperación poderá consistir nunha proba escrita ou nun traballo sobre algún creador ou obra artística significativa.

MATERIA PENDENTE XEOGRAFÍA :

 

Despois de cada avaliación, farase unha recuperación para aqueles alumnos que non acadaron o aprobado. Esta recuperación poderá consistir nunha proba escrita ou nun traballo sobre algún aspecto dos eidos humano, físico ou económico desta materia

 


 

PROBAS EXTRAORDINARIAS EN PRIMEIRO E SEGUNDO ESO :

A proba de recuperación en setembro consiste en preguntas escritas e mapas mudos nos que contestarán ás cuestións dos contidos mínimos esixibles.

PROBAS EXTRAORDINARIAS TERCEIRO E CUARTO ESO :

A proba extraordinaria de setembro é moi similar ó esquema das avaliacións regulares, distinguindo cada bloco de cuestións por trimestres, para mellor comprensión do alumnado.

PROBAS EXTRAORDINARIAS HISTORIA PRIMEIRO BACHARELATO :

As probas de setembro responderán ó mesmo esquema que o sistema de calificación e de recuperación devanditos, mais dándoselle ós alumnos a posibilidade de descartar algunha pregunta ou escoller entre dous comentarios de texto dado.

PROBAS EXTRAORDINARIAS SEGUNDO HISTORIA :

As probas de setembro responderán ó mesmo esquema que o sistema de calificación e de recuperación devanditos, mais dándoselle ós alumnos a posibilidade de descartar algunha pregunta ou escoller entre dous comentarios de texto histórico.

 

PROBAS EXTRAORDINARIAS ARTE :

As probas de setembro responderán ó mesmo esquema que o sistema de calificación e de recuperación devanditos, mais dándoselle ós alumnos a posibilidade de descartar algunha pregunta ou escoller entre dous comentarios de texto artístico.

PROBAS EXTRAORDINARIAS XEOGRAFÍA :

As probas de setembro responderán ó mesmo esquema que o sistema de calificación e de recuperación devanditos, mais dándoselle ós alumnos a posibilidade de descartar algunha pregunta ou escoller entre dous comentarios de texto xeográfico


MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS EN PRIMEIRO E SEGUNDO ESO :

Ademais do libro de texto e dos cadernos de traballo, mapas de Galicia, España e continentes ; globo terráqueo ; filmes e documentais relacionados cos temas estudados.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS TERCEIRO E CUARTO ESO :

Exposición permanente nas aulas de mapas murais de temática histórica e xeográfica variada, que acompañen simultáneamente á materia desenvolvida en cada tema concreto ou avaliación ( constante lembranza, para o alumno, do momento histórico e das coordenadas espacio-temporais ). Engadir bibliografía recomendada, exposicións de temas concretos de Historia e Xeografía, recensións breves das lecturas, diapositivas analizadas, filmes con comentarios finais e individuais de cada materia e visitas asiduas á biblioteca do centro para consultar directamente atlas e cartografía ( localización de puntos xeográficos determinados coas súas respectivas coordenadas ; datos de xzeografía humana, económica, demográfica ou medioambiental ), salientando o importante apoio de Google Earth para verificación exacta do cotexado na cartografía consultada.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS HISTORIA PRIMEIRO BACHARELATO :

Ademais do libro de texto : Prensa ( actual e da época. Moi útil o suplemento, editado por La Voz de Galicia, titulado Crónica de 2000 anos ) ; documentais históricos (excelentes coleccións sobre o S. XX) ; filmes que axuden a percibir mellor a repercusión social dos feitos históricos ; exposicións, ó longo do curso, cuxa visita sexa de interese para o alumnado.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS SEGUNDO HISTORIA :

a) Documentais sobre os temas estudados.

b) Xornais actuais ou da época, que reflexen algún conflicto de actualidade, contrastando diferentes enfoques e puntos de vista sobre o mesmo.

c) Filmes que permitan captar mellor o impacto social dos diferentes feitos históricos.

 

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS ARTE :

a) Visionado diario de diapositivas relativas ós temas de Selectividade.

b) Visionado ( ó final de cada tema ) de documentais sobre autores ou estilos artísticos.

c) Colaboración co Departamento de Educación Plástica e Visual para actividades extraescolares e complementarias de temática común con este Departamento de Xeografía e Historia.

d) Reforzamento do nivel de coñecemento do alumnado a base da análise ( na aula ou, por medio de traballos, na casa ) de enciclopedias e monografías de Arte.

.

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS XEOGRAFÍA :

a) Mapa topográfico da zona, para a elaboración e comentario de perfís do relevo.

b) Series de datos termopluviométricos, para a elaboración e comentario de climogramas.

c) Series de datos de caudal, para a elaboración e comentario de diferentes réximes fluviais.

d) Diferentes mapas temáticos de España.

e) Documentais sobre a formación e características do relevo e rochedo peninsular, clima, poboación, actividades económicas, problemas medioambientais, etc. Despois de visualizar estes documentais, o alumno responderá a un cuestionario para comprobar o seu aproveitamento dos mesmos.

f) Artigos de Prensa que reflexionen determinados problemas do medio natural no noso país.