IES EDUARDO PONDAL

ABRIL 2019

Vídeo Erasmus+

Alumnas do IES Eduardo Pondal de Ponteceso contan a súa experiencia facendo prácticas en Portugal.

Reclamacións das cualificacións de 2º de Bacharelato. Curso 2018/2019

 

Publicación da Circular 2/2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2018/2019.

Reclamacións no centro.

Prazos Convocatoria ordinaria: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14.00 horas).

Convocatoria extraordinaria: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14.00 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo).

Prazos Convocatoria ordinaria: antes das 18.00 horas do día 27 de maio de 2019.

Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 27 de xuño de 2019.

Recepción do expediente na comisión de supervisión.

Prazos Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2019.

Convocatoria extraordinaria: antes das 14.00 horas do día 28 de xuño de 2019.

Enlace á circular nº2/2019

Enlace á orde do 22 de Abril de 2010

 

Vídeo Pena Aventura 2019

Vídeo con algúns dos momentos que tiveron lugar durante a actividade Multiaventura Pena Aventura 2019, os días 1, 2 e 3 de Abril.

 

AVISO URXENTE:

Cancelada a saída a Fundación Rosalía de Castro en Padrón:

Ante a predición meteorolóxica prevista para mañá martes 23 de abril, cun 80 / 90% de posibilidades de choiva e dado que a actividade consiste non roteiro a pé pola vila de Padrón, decidiuse trasladar a  saída a outro día pendente de determinar.

Convocados os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2018/2019

Información

Calendario Exames de Maio para 2º de Bacharelato

Calendario Maio 2º Bach

Enlace ó arquivo pdf

Programa Erasmus+, Convocatoria 2018/2019

Dous profesores de Ciclo de Grao Medio de Xestión e Administración de Empresas realizan un Curso de Observación no Instituto 

Radko-Stöckl-Schule, en Melsungen, Alemaña, do 8/4/19 ó 12/4/19, a través do proxecto TWINS do IES Eduardo Pondal de

Ponteceso.

Programa Erasmus+ en Alemaña

Calendario de pendentes

Calendario de Pendentes

Calendario de pendentes de maio

PROGRAMA ERASMUS+, CONVOCATORIA 2018

3 alumnas de 2º de Administrativo e 2 alumnos de Automoción iniciaron as suas prácticas profesionales (FCTs) en Lisboa, grazas

ao Proxecto Erasmus do centro.

Os alumnos están facendo parte  das FCTs en  empresas internacionais con sede en Lisboa a través do proxecto europeo "TWINS"

do centro, coa colaboración do SEPIE e cofinanciado pola Comisión Europea.

 

Reunión de benvida no INETE, o noso socio colaborador en Lisboa.

Viaxe a Pena Aventura

O alumnado do IES Eduardo Pondal vai de excursión a Pena Aventura do luns 1 ao mércores 3 de abril.