O noso centro educativo foi seleccionado aleatoriamente para participar no Estudo internacional sobre Competencias Sociais e Emocionais (SSES) polas súas siglas en inglés, Survey on Social and Emotional Skills), xunto con outros moitos centros de 15 países de todo mundo.
SSES é un estudo de investigación educativa dirixido pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e coordinado en España polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (INEE) xunto coas administracións educativas das distintas comunidades autónomas. Este estudo investiga as competencias socioemocionais do alumnado de 15 anos e permitirá obter información que axudará a mellorar a educación e a aprendizaxe nos centros educativos.
A dirección do centro educativo está informada sobre este proxecto e a súa participación garante que alumnado e centros educativos como o do seu fillo/a estean representados. No caso de que o seu fillo/a fose seleccionado para participar na mostra aleatoria, non afectará ás súas cualificacións nin ao seu progreso no centro. Dado o deseño do estudo, todos os datos trataranse de maneira confidencial e anónima e non se publicarán resultados individuais que permitan identificar a estudantes ou centros concretos.
A aplicación do estudo de SSES 2023 levaraa a cabo o persoal da empresa contratada para tal efecto, a cal acordará co centro educativo do seu fillo/a unha data de realización entre o 6 e o 31 de marzo de 2023. O alumnado que resulte seleccionado aleatoriamente, completará dous cuestionarios cunha duración total de 60 minutos.
A utilización dos datos realizarase de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos, incorporado ao ordenamento interno pola Real Decreto-lei 5/2018, do 27 de xullo, de medidas urxentes para a adaptación do Dereito español á normativa da Unión Europea en materia de protección de datos. Así mesmo, terase en conta a Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública, así como a normativa que se deriva das mesmas. Toda a información recollida para o procesamento de datos será anonimizada.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |