Infórmate

 

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/2016

 No portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.es/portal) está publicada a Resolución do 23 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

Relación provisional do alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/2016. Pode consultar toda a información premendo no seguinte enlace

Convocatoria. O día 26 de abril, saíu publicada no DOG a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015-2016 (DOG do 26).O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016 (artigo 4. da orde de convocatoria). O prazo rematará o 2 de xuño de 2016.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet