Iniciar sesión: Acceso

Reclamación ás cualificacións en ESO e 1º de BACHARELATO

PROCEDEMENTO

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais en ESO e 1º de bacharelato vén establecido pola Orde do 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro) .

 1- Os/As alumnos/as ou os seus pais/nais/titores legais poderán solicitar, de profesores e titores, cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o proceso de aprendizaxe dos alumnos, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado de dito proceso.

2-No suposto de que,tras as oportunas aclaracións, exista desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de promoción ou titulación para un/unha alumno/a, este ou os seus pais/titores legais poderán solicitar por escrito a revisión de dita cualificación ou decisión no prazo de dous días lectivos a partir de aquel no que se produciu a súa comunicación. Neste caso, cómpre formular a reclamación perante a dirección do centro. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo nesta ligazón .

 3- No caso de que o/a alumno/a non estea conforme coa resolución emitida polo centro, poderá recurrila reclamando perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación. O impreso pódese solicitar en Secretaría ou descargar premendo  nesta ligazón.

Servizos complementarios

Últimos Artigos

Rede Conxo-Compostela Sur

Eventos

« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30