Gratuidade

AXUDAS CURSO 2018-19

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar no curso 2018/19. Participación no Fondo solidario.

Cursos: Todos os cursos de ESO (libros e cheque de material)

Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio)

Outros requisitos:

  •  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000 euros (4 libros)
  •  Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5400 euros ou discapacitados ou tutelados pola Xunta (6 libros e vale de 50 euros para material)
  • Ter devolto, en bo estado, os libros adquiridos coas axudas do curso anterior.

Prazos: Solicitude ata o 22 de xuño.
             Repetidores de 4º ESO: un mes desde a formalización da matrícula en setembro (se non se fixo no prazo ordinario)

Procedemento: Presentar na secretaría do centro, unha solicitude única para todos os fillos matriculados. Tamén se pode facer na sede electrónica da Xunta de Galicia

O alumnado queda obrigado a usar os libros correctamente, conservalos en bo estado e devolvelos cando remate o curso, ou en caso de traslado. De non facelo así, ademais de quedar excluídos de posteriores axudas ou do uso do fondo solidario, a Consellería podería iniciar un expediente de reintegro da axuda concedida.


 

INFORMACIÓN SOBRE A DEVOLUCIÓN DE LIBROS E O FONDO SOLIDARIO

O centro xestionará un fondo solidario de libros formado por:

  • Os libros do curso anterior que o alumnado está obrigado a devolver,
  • Outros libros que o alumnado non beneficiario queira ceder de xeito desinteresado.

A asignación dos libros aos solicitantes do fondo farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

Todo o alumnado da ESO que recibiu libros do fondo, ten que devolvelos na data que se lles indicará no centro, tendo como límite o 22 de xuño.

Se deixan materias para setembro devolverán no prazo indicado os libros das materias superadas en xuño, e o resto en setembro, de acordo co seguinte calendario:

Día 5 de 16 a 18 horas 1º ESO
Día 5 de 18 a 20 horas 2º ESO
Día 6 de 8:30 a 10:30 horas 3º ESO
Día 6 de 10:30 a 12:30 horas 4º ESO

 

 

 

 

Prazos: 

  • Publicación listaxe provisional 12 de xullo.
  • Listaxe definitiva, 14 de setembro.
  • Entrega dos libros aos solicitantes: 17 de setembro.

 

Para poder xerar as listas definitivas deben estar devoltos, en bo estado, todos os libros do ano anterior e formalizada a matrícula para o curso seguinte.

Nesa lista definitiva, será onde se asignen os títulos concretos que lle corresponden a cada un.

 

Publicadas as listas definitivas de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto e material escolar.

Distribuir contido