Correspondentes Xuvenís 3.0

Esta semana comezamos a andaina do programa “Corresponsais xuvenís 3.0",  nel participan algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, de 1º de Bach. e unha alumna de 2 Bach.  O alumnado convértense  durante o curso en “antenas informativas” que se farán eco daquelas novas que, a criterio deles, consideren máis importantes. Deste xeito, facilitarannos información sobre axudas, concursos, recursos…. que todas as semanas chegan ao centro a través de xuventude.org da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. 

O alumnado de 3º da ESO é o encargado de ter actualizado o taboleiro de novas do centro, as alumnas de 4º da ESO e 2º de Bach. da rede social “Instagram” e o de 1º de Bach. todos os xoves infórmanos a través da radio de Palas.

Se queredes estar informados non vos perdades as nosas redes e escoitádenos nas ondas todos os xoves!