Admisión

ADMISIÓN DE ALUMNOS

Enviado por admin o Lun, 28/02/2011 - 13:11

(Orde do 17 de marzo de 2007, DOG Nº 55 do 19 de marzo de 2007)

DO 1 AO 15 DE FEBREIRO: RESERVA DE PRAZA PARA ESO DOS CENTROS ADSCRITOS.

DO 1 DE MARZO AO 31 DE MARZO: SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ESO e BACHARELATO DO ALUMNADO PROCEDENTE DO RESTO DOS CENTROS. 

  • As solicitudes axustaranse ao modelo oficial que se pode recoller na oficina do IES Poeta Díaz Castro, ou ben descargar desde AQUÍ.
  • Cada solicitante presentará unha única solicitude..
  • A solicitude presentarase no centro que se solicita en primeiro lugar. Nela poderán relacionarse ata seis centros.
  • Os interesados e interesadas, entregada a solicitude, terán dereito a que se lles expida unha copia ou xustificante, con data e selo, que acredite a súa petición.
  • As solicitudes presentadas fora de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido.
  • A solicitude será ineficaz cando se presente máis dunha para unhas mesmas ensinanzas no mesmo centro ou en centros diferentes e cando se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polos interesados. 

DO 1 AO 20 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS.

LISTAXES DO ALUMNADO ADMITIDO: ANTES DO 30 DE ABRIL.

 

MATRÍCULA CURSO 2015/2016

E.S.O.: 25 xuño ó  10 xullo. Prazo extraodinario para os que suspendan do 1 ó 10 setembro

Bacharelato: 25 xuño ó 10 xullo. Prazo extraordinario para os que suspendan do 1 ó 10 setembro

        FPB (Formación Profesional Básica): Preinscripción:1 ó 10 setembro. Matrícula no centro: 11 ó 18 setembro

 

( categories: )
Distribuir contido