Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición material escolar 2019-2020

Enviado por admin o Ven, 22/05/2020 - 08:10

No Diario Oficial de Galicia correspondente ao 19 de maio de 2020, aparece publicada a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

Dadas as actuais circunstancias e en orde a garantir a seguridade dos usuarios, establécese o seguinte calendario escalonado para a petición de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar:

PRAZO PRESENTACIÓN: do 25 de maio ao 19 de xuño

Prazo Curso actual Curso 20/21 Concepto
do 25 de maio ao 1 de xuño 2º E.S.O. 3º E.S.O. Fondo libros e material escolar
do 2 de xuño ao 9 de xuño 3º E.S.O. 4º E.S.O. Fondo libros e material escolar
do 9 de xuño ao 15 de xuño 1º E.S.O. 2º E.S.O. Material escolar
do 15 ao 19 de xuño 6º Primaria 1º E.S.O. Material escolar

 

 

 

 

 

 

 

Para presentación electrónica, entre na aplicación facendo clic aquí.

Para presentación presencial: enlace a Anexo I e II

 

Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

Manual de usuario para os cidadáns: enlace

 

( categories: )