INFORMACIÓN SOBRE PAGOS
Características das habitacións.
As habitacións son dobres, con dúas camas individuais, unha mesa escritorio dobre e unha mesa de noite, un armario de dous compartimenos e andeis para libros e cousas varias, na mesma habitación conta cun cuarto de baño equipado: un inodoro, un prato de ducha e un lavabo moble.
As xanelas están equipadas con vidros climatit reforzados.
Pagos residencia.
A continuación relaciónanse os diferentes cargos que se van a realizar e normas a seguir para o pago da residencia:
.- A cuota mensual é de 230,00€ para o alumnado de réxime presencial, e 115,00€ para o alumnado de réxime semipresencial, cargada por adiantado aproximadamente sobre o día dez de cada mes. Este importe será cargado cada mes, independentemente dos días lectivos que teña, salvo no mes de xuño que se cobrará a metade 115,00€ presencial, e 57€ semipresencial.
.- Cobrarase unha fianza do importe dunha mensualidade, 230,00€ presencial, e 115,00€ semipresencial, que será devolta na súa integridade unha vez comprobado o correcto uso das habitacións e instalacións. Esta fianza será cargada na primeira mensualidade que se cobre e a súa devolución farase a finais de xuño.
.- Todos os pagos realizaranse por domiciliación bancaria e no caso de gastos por devolución de recibos serán por conta do residente.
.- As baixas no internado deberán solicitarse por escrito cun mes de antelación na secretaría do centro.
.- Os días que non se utilice o servicio da residencia por motivos xerados polo COVID-19 serán devoltos.
MES |
IMPORTE RÉXIME PRESENCIAL |
IMPORTE RÉXIME SEMIPRESENCIAL |
Data aproximada de cargo |
Outubro |
Fianza: 230€ Mes:230€ TOTAL: 460,00€ |
Fianza: 115€ Mes:115€ TOTAL: 230,00€ |
10/10/2020 |
Novembro |
230,00€ |
115,00€ |
10/11/2020 |
Decembro |
230,00€ |
115,00€ |
10/12/2020 |
Xaneiro |
230,00€ |
115,00€ |
10/01/2021 |
Febreiro |
230,00€ |
115,00€ |
10/02/2021 |
Marzo |
230,00€ |
115,00€ |
10/03/2021 |
Abril |
230,00€ |
115,00€ |
10/04/2021 |
Maio |
230,00€ |
115,00€ |
10/05/2021 |
Xuño |
115,00 €. Este importe non se cargará e descontarase na devolución da fianza. |
57,00 €. Este importe non se cargará e descontarase na devolución da fianza. |
|
.- Devolución da FIANZA: A finais de xuño devolverase a fianza. Farase un ingreso na conta bancaria do alumnado de réxime presencial de 115€ en concepto de 230€ Fianza – 115 € mes de xuño, e para o alumnado de réxime semipresencial de 58,00€ en concepto de 115€ Fianza – 57 € mes de xuño.
.-Para calquer dúbida, aclaración ou suxerencia, quedamos a vosa disposición. Agradecendo a vosa decisión de utilización do internado, recibide un cordial saúdo.
En Vilamarín 21 de setembro de 2020.
A Directora
Eva Fachado Rubio