Skip to Content

Ciclo Medio

Entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 ao alumnado do noso Centro Sara Iglesias e Juan Mariño

entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 ao alumnado do noso Centro Sara Iglesias e Juan Mariño  entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 á alumna do noso Centro Sara Iglesias  O pasado 12 de decembro a Cidade da Cultura acolleu a entrega do Premio Eduemprende Idea 2018, no que resultaron gañadores do 1º premio na modalidade de ciclos medios o alumnado do noso centro, Sara Iglesias e Juan Mariño, do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría, polo seu proxecto empresarial SUEVIA, Mantemento e Restauracións Metálicas, SL. Deixámosvos unhas fotos do acto.  
   

Premio "Eduemprende Idea 2018" para dous alumnos do IES Valga

proxectoSuevia O alumnado de Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE) do CM de Soldadura e Caldeiraría, Sara Iglesias Rodríguez e Juan Lago Mariño, gañou o primeiro premio do concurso Eduemprende Idea 2018 na modalidade de Ciclos Medios (DOG do 24 de outubro de 2018), co traballo que leva por título "SUEVIA, Mantemento e Restauracións Metálicas, S.L."  O concurso Eduemprende Idea pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional. 

Parabéns!! ao alumnado e tamén para a profesora Rosalía García Seijo, quen os asesorou e os acompañou na elaboración do seu proxecto gañador.

           
   

WELDCUP 2107

Julián Fernández Souto cuarto posto na Weldcup 2017 O noso recentemente alumno titulado de 2º Ciclo Medio de Soldadura e Caldereiría, Julián Fernández Souto, gañador do GaliciaSkills 2016 na especialidade de soldadura e medalla de bronce no SpainSkills 2017, acadou un cuarto posto na WELDCUP 2017, Competición Internacional Europea para mozos soldadores, celebrada en Düsseldorf (Alemaña). Parabens.   
   

Alumnos de 2º de Ciclo Medio de Soldadura en Holanda

Logo Erasmus+  Os alumnos Roberto Otero e Darío Gómez do segundo curso do Ciclo Medio de Soldadura están realizando a FCT (prácticas en empresa) en Holanda, nunha empresa adicada ao desenvolvemento e fabricación de artigos deportivos en aluminio e aceiro. Esta estadía comezou o 1 de marzo e rematará o 31 de maio, realizándose dentro do programa Erasmus +  
   

Julián Fernández medalla de bronce na fase estatal das olimpíadas de FP

Julián Fernández e o seu profesor Javier Hermida, nas olimpídas estatais de FP O alumno de 2º Ciclo Medio do noso Centro, Julián Fernández Souto, foi medalla de bronce nos premios estatais de FP, SpainSkills, na categoría de soldadura; nesta competición promovíanse as competencias de destrezas. Acompañado do seu profesor, Javier Hermida Liñeira, estivo representado a Galicia do 1 ao 4 de marzo en Madrid nestas olimpíadas de Formación Profesional tras acadar a medalla de ouro nas probas galegas o pasado mes de decembro. Noraboa polo posto e traballo realizado a alumno e titor.  
   
Distribuir contido


by Dr. Radut