Skip to Content

Acto contra a violencia machista

Alumnado conta a violencia machista

Na mañá do luns 25 de novembro, Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, o alumnado da ESO e 1º Bacharelato participou nunha concentración diante do CODI e, en colaboración co Concello e con outros centros de ensino de Valga, para expresar o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia machista. Máis información picando neste enlace.

Actividade con motivo do "Día Internacional contra a Violencia de Xénero"

O próximo 25 de novembro, Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, o alumnado da ESO e 1º Bacharelato vai participar nunha concentración diante do CODI en colaboración co Concello e con outros centros de ensino de Valga. O programa da actividade é o seguinte:

- 10h00: Saída do IES do alumnado e profesorado.

- 10h30-10h55: Concentración diante do CODI. Lectura dun manifesto, música e minuto de silencio.

- 11h00: Regreso ao IES do alumnado e profesorado.

Xunto a este acto o IES Valga adherirase á campaña da ONU: "16 días de activismo contra a violencia de xénero". Neste senso, anímase a todo o alumnado e tamén profesorado a levar pezas de roupa de cor laranxa para visibilizar a reivindicación da igualdade na nosa sociedade.

Entrega dos premios "Canguro Matemático" do pasado curso 2018-2019

Alumnado do Canguro Matemático do curso 18-19 co profesorado do departamento Matemáticas

O profesorado Julia Sainz e José María Barca fixo entrega dunha serie de agasallos ao alumnado participante no concurso Canguro Matemático 2019. O alumnado premiado foi Laura Calvo, Ximena Guerra, Jacobo Saavedra, Brais Seco e Joel Torres, todos eles matriculados este ano en 2º ESO. O acto tivo lugar no segundo recreo do venres 22 de novembro na Biblioteca do noso Centro.  Lembrar que o departamento de Matemáticas do noso Centro colabora coa Asociación CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO (España) dentro da convocatoria que, a nivel internacional, fai a organización CANGURO SIN FRONTERAS (KSF).

Parabéns!!! ao alumnado e profesorado implicado nesta actividade anual do departamento de Matemáticas.

Visita do alumnado de 4º ESO e de Hª da Arte de 2º Bacharelato ao Museo de Pontevedra

Alumnado de 4º ESO no Museo de Pontevedra

O alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Pontevedra o xoves 21 de novembro. Realizaron unha visita guiada a diferentes salas do Sexto Edificio relacionadas coa pintura galega dos séculos XVIII e XIX e tamén ás dedicadas á figura de Castelao. Pola súa banda, as alumnas da materia de Historia da Arte de 2º Bacharelato visitaron dúas exposicións temporais, unha no Museo de Pontevedra: "Galaicos, un pobo entre dous mundos" centrada na conexión entre o mundo atlántico e o mediterráneo a partir dunha selección de obxectos arqueolóxicos datados entre a Idade de Bronce e a Gallaecia romana; mentres que na Praza de España realizaron unha visita didáctica á exposición "Picasso, el viaje del Guernica", onde recibiron unha completa información dunha das obras máis recoñecidas, reproducidas e admiradas da Historia da Arte. Estiveron acompañados polo profesorado Chus Polo, Pilar Buela, Daniel Chenlo e Xoán Carlos Montejano. A actividade foi organizada polos departamentos de Lingua e Literatura Galega e Xeografía e Historia.

Alumnas de Hª da Arte de 2º Bacharelato na exposición "O viaxe do Guernica"

Alumnado de Física e Química de 2º Bacharelato visita o CIQUS

Alumnado de 2º Bacharelato no CIQUS

Alumnado de 2º Bacharelato de Física e Química realizou unha visita didáctica ao edificio do CIQUS en Santiago de Compostela, durante a mañá do martes 19 de novembro. Este Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional – Campus Vida e centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no  ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais funcionais. Foron acompañados polo profesorado Sabela Sanromán e Jaime Oviedo. Esta actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado 2º Bacharelato no CIQUS

Distribuir contido


by Dr. Radut