Skip to Content

Ler por Ler: ¿Quién dijo que fuera cierto?

Ler por Ler con 1º ESO B e C      Ler por Ler con 1º ESO B e C   O pasado venres 16 de decembro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 1º da ESO B e C na materia de Lingua Castelá participaron na actividade “Ler por Ler” coa exposición de textos arredor do tema en común “Quen dixo que fora certo?". Disertaron sobre fantamas, aparicións,.. durante o segundo recreo.         
   

Alumnado de 1º ESO de Relixión visita o Belén de Valga

Alumnado de 1º ESO visita o Belén de Valga          Alumnado de 1º ESO visita o Belén de Valga  O alumnado de Relixión de 1º de ESO B e C do IES de Valga visitou o día 12 de decembro o Belén do Concello de Valga. Alí, puideron contemplar as imaxes tradicionais dun belén e os cambios que referidos á actualidade histórica e social se produciron nos últimos doce meses. Estiveron acompañados pola profesora Elisa Casado.

Julián Fernández de 2º Ciclo Medio: Medalla de ouro no GaliciaSkills 2016

Julián Fernández medalla de ouro GaliciaSkills2016    Alumnado e profesorado en GaliciaSkills2016  

O alumno do IES de Valga  de 2º de Ciclo Medio de "Soldadura e Caldereiría" Julián Fernández Souto acada a medalla de ouro GaliciaSkills 2016 pola especialidade de Soldadura. Con este triunfo , Julián Fernández clasifícase para  competir  na edición estatal de SpainSkills  que se celebrará en Madrid no vindeiro mes de marzo. Para esta competición estivo titorizado polo profesor Javier Hermida Liñeira.

1 de decembro: Día Mundial do SIDA

Alumnado de 2ºBacharelato conmeronando día mundial do SIDA     Alumnado de 2ºBacharelato conmemorando día mundial do SIDA  O día 1 de decembro conmemórase o Día Mundial do SIDA e no IES de Valga levamos a cabo unha serie de actividades para concienciar ao alumnado e á poboación en xeral, do que esta enfermidade supón. O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato pasou polas clases dando pequenas charlas e repartindo pegatinas para conmemorar o día.

Actividade do TEI co alumnado de 1º e 3º ESO

Saída por Valga nas actividades do TEI  Saída por Valga nas actividades do TEI   Saída por Valga nas actividades do TEI O alumnado de 1º e 3º ESO do noso centro realizou unha saída polo concello de Valga. Esta saída forma parte das actividades que terán lugar durante este curso co programa "Titoría entre iguais".

Distribuir contido


by Dr. Radut