Skip to Content

Alumnado do IES de Valga visita "O Tempo" da CRTVG

Alumnado de 2º Bacharelato na TVG    Alumnado de 2º Bacharelato na TVG

   O pasado 25 de outubro, o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato do IES de Valga visitou distintas dependencias da TVG, e entre elas as instalacións do espazo O Tempo. As explicacións correron a cargo dos xornalistas, encargados do tempo na TVG, Diego Viaño, Mabel Montes e Noelia Rodíguez. A actividade foi organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

 
   

Comezo das actividades do Clube de Lectura

Este xoves, 20 de outubro comezan as actividades deste curso 2016-2017, dentro do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Será a partir das 16:30 horas cando se manteña un encontro co escritor Manuel Iglesias Turnes e a súa obra "Que non te aten". Esperamos a vosa presenza.   
   

IV Concurso de Fotografía

   Logo EDDLG O Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Valga convoca o IV Concurso de Fotografía. O tema nesta edición será libre. Poderán participar alumnado, profesorado e persoal non docente do IES de Valga. A data límite de entrega será o 30 de novembro. No arquivo adxunto poden consultarse as bases do concurso.

Alumnado do IES de Valga realiza unha saída a pé polas parroquias de Xanza e San Miguel de Valga

O alumnado de 3º de ESO realizou, o pasado luns 10 de outubro, un roteiro polo Concello de Valga que incluía lugares das parroquias de Xanza e San Miguel, onde puideron coñecer aspectos xeográficos, culturais e arquitectónicos de sitios tan salientables do Concello como as fervenzas de Raxoi e Parafita, a Capela dos Martores, as igrexas de San Miguel e Santa María de Xanza ou unha parte do Camiño Portugués de Santiago que atravesa o Concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut