Skip to Content

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre Violencia de Xénero

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre violencia de xénero   Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre violencia de xénero O alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu na aula de audiovisuais a unha charla acerca da violencia sobre a muller e discriminación.

Charla sobre acoso escolar para alumnado da ESO

Alumnado de 2º ESO na charla sobre acoso escolar   Alumnado de 3º e 4º ESO na charla sobre acoso escolar O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO asistiu na aula de audivisuais a unha charla sobre acoso escolar. A charla está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.

Alumnado de 2º ESO celebra o día de San Valentín

Alumnado de 2º ESO celebra o día de San Valentín  O alumnado de 2º ESO que prepara a súa viaxe a Cantabria e Asturias, puxo a venda uns divertidos doces nos recreos do día de hoxe, que aparte de conmemorar este día, serviron para recadar fondos para este futuro viaxe de estudos.Foron asesorados e axudados para a súa elaboración pola profesora de Relixión, Elisa Casado. Na foto pódese apreciar a calidade e forma dos doces que puxeron á venda e tiveron un rotundo éxito.  
   

Entroido 2017 no IES Valga

  Entroido 2017   O enxeño e a inventiva serán de novo a tónica  dominante no IES Valga coa Festa do Entroido 2017. O  evento arrancará cun gran desfile de disfraces con premios  para os máis imaxinativos e mellor preparados. Como o  ano pasado, traballarase previamente nas clases con  material sobre o entroido galego e haberá un premio  especial para o mellor traxe tradicional. Así que ide  preparando eses disfraces orixinais, satíricos e galegos  , para o vindeiro 24 de febreiro!  
   

Alumnado do noso Centro á final galega do concurso de cultura clásica "Odisea"

Integrantes do equipo "Catilina" do concurso Odisea Carla García de 4º ESO, xunto Katrina Costa e Iván Sanmiguel, de 2º Bacharelato Humanidades e integrantes do equipo "Catilina" clasificáronse para a  final galega do concurso de coñecementos de cultura clásica: "Odisea". Por segundo ano consecutivo, alumnado do noso Centro accede a esta final. Hai que lembrar que no curso anterior acadaron o primeiro posto, o que lles valeu para chegar á fase estatal, onde conseguiron quedar segundos.
Distribuir contido


by Dr. Radut