Skip to Content

O IES Valga participou no festival de curtas "Telearqueoloxía"

Participantes no festival de curtas Telearqueoloxía  Alumnado de 2º ESO e 2º Bacharelato participou no festival de curtametraxes "Telearqueoloxía", promovido pola Deputación de Pontevedra. As curtametraxes tiñan como eixe central o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Os alumnos de 2º ESO participaron coa curtametraxe "Arqueoloxía en Valga" e as alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato coa curtametraxe "As Torres do Oeste". Picando aquí podes ver os vídeos participantes.  
   

Ler por Ler: ¿Quién dijo que fuera cierto?

Ler por Ler con 1º ESO B e C      Ler por Ler con 1º ESO B e C   O pasado venres 16 de decembro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 1º da ESO B e C na materia de Lingua Castelá participaron na actividade “Ler por Ler” coa exposición de textos arredor do tema en común “Quen dixo que fora certo?". Disertaron sobre fantamas, aparicións,.. durante o segundo recreo.         
   

Alumnado de 1º ESO de Relixión visita o Belén de Valga

Alumnado de 1º ESO visita o Belén de Valga          Alumnado de 1º ESO visita o Belén de Valga  O alumnado de Relixión de 1º de ESO B e C do IES de Valga visitou o día 12 de decembro o Belén do Concello de Valga. Alí, puideron contemplar as imaxes tradicionais dun belén e os cambios que referidos á actualidade histórica e social se produciron nos últimos doce meses. Estiveron acompañados pola profesora Elisa Casado.

Julián Fernández de 2º Ciclo Medio: Medalla de ouro no GaliciaSkills 2016

Julián Fernández medalla de ouro GaliciaSkills2016    Alumnado e profesorado en GaliciaSkills2016  

O alumno do IES de Valga  de 2º de Ciclo Medio de "Soldadura e Caldereiría" Julián Fernández Souto acada a medalla de ouro GaliciaSkills 2016 pola especialidade de Soldadura. Con este triunfo , Julián Fernández clasifícase para  competir  na edición estatal de SpainSkills  que se celebrará en Madrid no vindeiro mes de marzo. Para esta competición estivo titorizado polo profesor Javier Hermida Liñeira.

1 de decembro: Día Mundial do SIDA

Alumnado de 2ºBacharelato conmeronando día mundial do SIDA     Alumnado de 2ºBacharelato conmemorando día mundial do SIDA  O día 1 de decembro conmemórase o Día Mundial do SIDA e no IES de Valga levamos a cabo unha serie de actividades para concienciar ao alumnado e á poboación en xeral, do que esta enfermidade supón. O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato pasou polas clases dando pequenas charlas e repartindo pegatinas para conmemorar o día.

Distribuir contido


by Dr. Radut