Skip to Content

Alumnado do noso Centro participa na Olimpíada de Filosofía

Alumnado de 1º Bacharelato na Olimpíada de Filosofía  Lara Padín e Xabier Martínez, alumnado de 1º Bacharelato, participaron na Olimpíada de Filosofíamodalidade de Disertación e Dilema Moral, nunha proba presencial celebrada na USC o pasado 17 de febreiro. A actividade foi levada a cabo polo Departamento de Filosofía.  
   

Alumnado de 1º ESO asiste a unha charla sobre uso de internet e as redes sociais

Alumnado de 1º ESO na  charla sobre usos de internet e redes sociais   Alumnado de 1º ESO na  charla sobre usos de internet e redes sociais   O alumnado de 1º ESO asistiu na aula de audivisuais a unha charla sobre internet e redes sociais.

Alumnado de 4º ESO e 2º Ciclo Superior visita a empresa CONGALSA S.L. na Pobra do Caramiñal

Alumando de 4º ESO e Ciclo Medio en Congalsa S.L.   Alumando de 4º ESO e Ciclo Medio en Congalsa S.L. O pasado xoves , 16 de febreiro, alumnado de 4º ESO e 2º Ciclo Superior visitaron á empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial  da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:

1. Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa

2. Charla - coloquio

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre Violencia de Xénero

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre violencia de xénero   Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre violencia de xénero O alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu na aula de audiovisuais a unha charla acerca da violencia sobre a muller e discriminación.

Charla sobre acoso escolar para alumnado da ESO

Alumnado de 2º ESO na charla sobre acoso escolar   Alumnado de 3º e 4º ESO na charla sobre acoso escolar O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO asistiu na aula de audivisuais a unha charla sobre acoso escolar. A charla está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos.
Distribuir contido


by Dr. Radut