Skip to Content

Encontro do alumnado de 2º Bacharelato coa escritora Montse Fajardo

A escritora Montse Fajardo co alumnado de 2º Bacharelato O pasado venres, 17 de marzo, estivo con nós a autora de “Matriarcas” ou a máis recente “Un cesto de mazás”: a escritora e xornalista vilagarciá Montse Fajardo. Nun encontro co alumnado de 2º de Bacharelato déulles a coñecer as historias dalgunhas das persoas que protagonizan os seus libros e que nunca deben ser esquecidas, elas e as situacións que viviron. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.     
   

Ler por Ler: "Guerra e Paz" co alumnado de 1º ESO B e C de Oratoria

Ler por Ler co alumnado de Oratoria de 1º ESO   Ler por Ler co alumnado de Oratoria de 1º ESO Alumnado de 1º ESO B e 1º ESO C da materia de Oratoria  participou no programa da Biblioteca: "Ler por Ler".

Alumando de 4º ESO e 1º Bacharelato asiste ao Festival de Teatro Grecolatino en Ourense

Entrega do 3º premio ao equipo Catilina no concurso Odisea 2017 Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, das materias do departamento de Latín e Grego, asistiu o 15 de marzo en Ourense ás xornadas da XVII edición do Festival de Teatro Grecolatino, organizadas pola SEEC de Galicia. Ademais, a alumna Carla García de 4º ESO, como representante do equipo Catilina que participou no concurso Odisea, recolleu o 3º premio logrado nesta competición.  
   

Alumnos de 2º de Ciclo Medio de Soldadura en Holanda

Logo Erasmus+  Os alumnos Roberto Otero e Darío Gómez do segundo curso do Ciclo Medio de Soldadura están realizando a FCT (prácticas en empresa) en Holanda, nunha empresa adicada ao desenvolvemento e fabricación de artigos deportivos en aluminio e aceiro. Esta estadía comezou o 1 de marzo e rematará o 31 de maio, realizándose dentro do programa Erasmus +  
   

Convocatoria axudasle 2017: aberta a convocatoria desde o 28 de febreiro ata o 27 de marzo

   Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para apresentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído).

Pódese obter máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

     
   
Distribuir contido


by Dr. Radut