Alumnos de 2º Bacharelato participan na IV Olimpíada Xeográfica de Galicia

Alumnos de 2º Bacharelato participan na IV Olimpíada Xeográfica de Galicia Este venres, 9 de marzo, catro alumnos de 2º Bacharelato do noso Centro participaron, xunto con representantes doutros centros de Galicia, na IV Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O acto central foi a realización dunha proba escrita; ademais tiveron a oportunidade de coñecer o plan de estudos e as posibles saídas desta ciencia. Completaron a súa participación na Olimpíada coa visita a distintos lugares emblemáticos desta Facultade como a Biblioteca, o Paraninfo ou os tellados, onde apreciaron magníficas vistas da cidade compostelá. A Olimpíada foi organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.  
   

O IES DE VALGA ORGANIZA O " I CAMPIONATO DE SOLDADORAS DO IES DE VALGA " PARA PROMOVER A IGUALDADE EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

O IES DE VALGA  ORGANIZA O " I CAMPIONATO DE SOLDADORAS DO IES DE VALGA " PARA PROMOVER A IGUALDADE EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO O IES DE VALGA  ORGANIZA O " I CAMPIONATO DE SOLDADORAS DO IES DE VALGA " PARA PROMOVER A IGUALDADE EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO 

"I Campionato de Soldadoras do IES de Valga" en conmemoración do 8 de marzo

Esta actividade ten como obxectivo  promocionar o ciclo de soldadura entre as mulleres  e tamén denunciar  que a  escesiva masculinización desta profesión débese  a inercias culturais e de tradición e non a  cuestión de capacidades.

O IES de Valga  organizou o 7 de marzo o  " I campionato de mulleres soldadoras" dirixido a alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Quince alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato demostraron que están igual de capacitadas que os homes

A igualdade tamén se promove soldando ou, cando menos, así sucedeu hoxe no IES de Valga, que conmemorou o Día Internacional da Muller organizando o I Campionato de Soldadoras no que participaron alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Promocionar o Ciclo de Soldadura entre as mulleres e denunciar que a excesiva masculinización desta profesión non é cuestión de capacidades, senón que se debe a inercias culturais e de tradición, foron os obxectivos da proba que as estudantes superaron con nota e, sobre todo, con moitas ganas.

Unha preselección inicial deu paso ao concurso no que participaron un total de quince alumnas que tiveron que facer un cordón de soldadura por fío mediante o procedemento MAG. A tarefa estivo supervisada por Jesús López, profesor do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería e do Ciclo Superior de Construcións Metálicas. Neles só hai unha muller, destaca. “Este é un traballo tradicionalmente de homes e queremos demostrar que as mulleres están igualmente capacitadas”.  O director, Roberto Barral, engade que “a masculinización destes ciclos non se basea en ningunha razón obxectiva. Entre todos temos que cambiar a visión da sociedade, comezando dende o ensino”.

Ainoa Castro proclamouse campiona e Alba Fernández acadou o segundo posto. Recibiron cadanseu diploma e foron gratificadas con 50 e 25 euros respectivamente. Pero o importante non foi a clasificación senón a ensinanza que a experiencia supuxo para as participantes. “Era a primeira vez que soldaba e, despois de facelo, ata me plantexo estudar o ciclo. Debería haber máis mulleres nesta profesión”, sostén Ainoa Castro.

 
   

Alumnado de 2º ESO e FP Básica 1º visita o Castro de San Cibrao de Lás e o Mosteiro de Oseira

Alumnado de2º ESO e FPB 1º no Castro de San Cibrao de Lás Alumnado de2º ESO e FPB 1º no Mosteiro de Oseira O alumnado de 2º ESO e FP Básica de 1º curso do noso centro realizou o xoves 8 de marzo unha saída diáctica á comarca do

Alumnado de 3º ESO realizou a saída: COÑECENDO GALICIA - ROTEIRO CURROSIANO

Alumnado de 3º ESO en Celanova O 5 de marzo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou unha nova viaxe dentro do seu proxecto COÑECENDO GALICIA. Nesta ocasión o alumnado de 3º ESO desprazouse ata Celanova para realizar un roteiro literario e artístico organizado pola Fundación Curros Enríquez.

O IES Valga participa nos premios a proxectos de innovación na FP

IES Valga premios a proxectos de innovación na FP   A Consellería de Educación convoca anualmente uns premios a proxectos de innovación na FP. Este ano o IES de Valga participa, como centro coordinador, nesta convocatoria de premios cun proxecto titulado "Construción dunha maqueta de nave industrial mediante impresión 3D", no que colabora a empresa Gama e Hijos como centro de traballo asociado. Na ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7410 atópase a relación de tódolos proxectos presentados, na que o proxecto do noso centro aparece como admitido.

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet