Skip to Content

Alumnado de 3º ESO realiza unha saída a pé polas parroquias de Xanza, Setecoros e San Miguel de Valga

Alumnado 3º ESO no Museo da Historiade Valgaa

O alumnado de 3º de ESO realizou, o luns 17 de xaneiro, un roteiro polo Concello de Valga que incluía lugares das parroquias de Xanza, Setecoros e San Miguel, onde puideron coñecer aspectos toponímicos, xeográficos, culturais e arquitectónicos de sitios tan salientables do Concello como as fervenzas de Raxoi e Parafita, a igrexa de San Miguel ou unha parte do Camiño Portugués de Santiago que atravesa o Concello. Ademais fixeron unha visita guiada polo Museo da Historia de Valga, acompañados dos encargados do Museo, Vanessa Losada e Santiago Chenlo, que lles mostraron as distintas estancias nas que se divulga o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico de Valga. O alumnado foi acompañado polo profesorado Vanessa Fernández, Beatriz Puente, Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia. 

Máis información picando neste enlace.

Alumnado 3º ESO nas fervenzas de Raxoi e Parafita

Distribuir contido


by Dr. Radut