Alumando de 4º ESO e 1º Bacharelato asiste ao Festival de Teatro Grecolatino en Ourense

Entrega do 3º premio ao equipo Catilina no concurso Odisea 2017 Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, das materias do departamento de Latín e Grego, asistiu o 15 de marzo en Ourense ás xornadas da XVII edición do Festival de Teatro Grecolatino, organizadas pola SEEC de Galicia. Ademais, a alumna Carla García de 4º ESO, como representante do equipo Catilina que participou no concurso Odisea, recolleu o 3º premio logrado nesta competición.  
   

Alumnos de 2º de Ciclo Medio de Soldadura en Holanda

Logo Erasmus+  Os alumnos Roberto Otero e Darío Gómez do segundo curso do Ciclo Medio de Soldadura están realizando a FCT (prácticas en empresa) en Holanda, nunha empresa adicada ao desenvolvemento e fabricación de artigos deportivos en aluminio e aceiro. Esta estadía comezou o 1 de marzo e rematará o 31 de maio, realizándose dentro do programa Erasmus +  
   

Convocatoria axudasle 2017: aberta a convocatoria desde o 28 de febreiro ata o 27 de marzo

   Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para apresentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído).

Pódese obter máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

     
   

Prazo de admisión de matrícula 2017-2018

Desde o IES de Valga infórmase do inicio do procedemento para a admisión do alumnado en centros sotidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Asemesmo, infórmase da oferta de postos escolares en ESO e Bacharelato, así como a presentación de solicitudes, documentación para o baremo, listaxe provisional de admitidos e prazos odinario e extraordinario de matrícula.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 

Nos documentos adxuntos pódese consultar toda esta información. No seguinte enlace ADMISIÓN ALUMNADO pódese facer a solicitude online.

Obra de teatro en francés para alumnado de 2º e 3º ESO

Alumnado de francés na obra de teatro Le Misanthrope   Alumnado de Francés na obra de teatro "Le Misanthrope"  Alumnado de Francés de 2º e 3º ESO asistiron o 7 de marzo á representación teatral de “Le Misanthrope” de Molière, pola compañía La Bohème no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Foron acompañados polas profesoras Sofía Valiño e Loli Rego.

Powered by Drupal - Design by artinet