A Comisión Informativa especial de Contas, Economía, Facenda, Patrimonio e Interior estudiará, o vindeiro mércores 29 de xuño, a proposta que o equipo de goberno do concello de Valga levará ao próximo pleno para a cesión á Consellería de Educación dunha parcela anexa ao centro, de titularidade municipal, para continuar ampliando tanto as instalacións coma a oferta educativa do noso centro e poder así implantar un novo ciclo da formación profesional básica, concretamente o CB Agroxardinaría e composicións florais. Nos terreos obxecto de cesión gratuíta está previsto que se acondicionen os espazos precisos para o desenvolvemento das ensinanzas deste ciclo formativo, tanto teóricas coma prácticas, a partir do vindeiro curso 2022-2023.
Máis información picando neste enlace.
ESO - Bacharelato
CS Construcións Metálicas - CM Soldadura e Caldeiraría - CM Mecanizado - CB Fabricación e Montaxe
Contacto: +34 886 151 980 - ies.valga@edu.xunta.gal
