Skip to Content

COÑECENDO GALICIA

Alumnado de Bacharelato no castelo de Vimianzo  Alumnado de Bacharelato no dolmen de Dombate O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pretende que o noso alumnado, ao longo da súa escolarización, coñeza Galicia da maneira máis ampla posible  para o cal organiza ao longo do curso viaxes dirixidas ás distintas etapas educativas que permitan poñernos en contacto con toda a nosa diversidade paisaxística, patrimonial, lingüística... Empezamos este curso cunha viaxe á Costa da Morte co alumnado de 1º e 2º de bacharelato, realizada o pasado 17 de outubro. Visitamos o castelo de Vimianzo, o dolmen de Dombate ( Cabana de Bergantiños)  e a vila de Laxe . Podes obter información sobre estes lugares picando sobre cada un deles.    
   


page | by Dr. Radut