Skip to Content

Limpeza dun vertedoiro incontrolado no concello de Valga

Alumnado do Plan Proxecta sobre Sustentabilidade no vertedoiro incontrolado  Alumnado do Plan Proxecta sobre Sustentabilidade limpiando un vertedoiro incontrolado  Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente e dentro das actividades do Plan Proxecta sobre Sustentabilidade que neste curso académico estase a desenvolver no noso Centro, alumnado de 1º e 2º ESO, acompañados de cinco membros do profesorado, realizaron un acto simbólico de cuidado do medio ambiente recollendo lixo nunha zona do Concello. Foron acompañados pola Policía Local e membros de Protección Civil de Valga aos cales agradecemos a súa colaboración. Esperemos que este acto sirva de concienciación para a desaparición dos vertedoiros incontrolados. Neste enlace e nestoutro podes ver dous vídeos desta actividade.  
   


page | by Dr. Radut