Skip to Content

Alumnado do noso Centro visita o Punto Limpo de Valga

Alumnado no Proxecta sobre Sustentabilidade no Punto Limpo de Valga  Alumnado no Proxecta sobre Sustentabilidade no Punto Limpo de Valga Alumnado de 1º ESO, 2º ESO e da materia de CTMA de 2º Bacharelato visitou na mañá do 31 de marzo as instalacións do Punto Limpo do concello de Valga. Tiveron ocasión de saber máis sobre o recinto: distintos espazos que o compoñen, como se tratan os materiais que se levan alí, así como do uso que os cidadáns de Valga poden facer del. As explicacións estiveron a cargo de Pedro Miranda, técnico responsable da parte didáctica da empresa encargada de xestionar o Punto Limpo e que tamén estivo o día anterior no noso Centro para falarlle, ao mesmo alumnado, sobre a reciclaxe en xeral e a súa situación no concello de Valga. A visita enmárcase dentro da actividade do Plan Proxecta que sobre Sustentabilidade e Aprendizaxe Servizo estase a desenvolver no IES Valga.  
   


page | by Dr. Radut