Skip to Content

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre Violencia de Xénero

Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre violencia de xénero   Alumnado de Bacharelato asiste a unha charla sobre violencia de xénero O alumnado de 1º e 2º Bacharelato asistiu na aula de audiovisuais a unha charla acerca da violencia sobre a muller e discriminación. A charla está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior  para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Durante máis dunha hora, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado como detectar, e actuar en casos da violencia de xénero; fomentar as relacións sanas, respectar a liberdade da parella, evitar as relacións dominadas polo control e os ciumes así como buscar aopio se a unha persoa lle é difícil asumir unha rotura sentimental.  A actividade foi organizada pola Dirección do Centro.  
   


page | by Dr. Radut