Skip to Content

Julián Fernández de 2º Ciclo Medio: Medalla de ouro no GaliciaSkills 2016

Julián Fernández medalla de ouro GaliciaSkills2016    Alumnado e profesorado en GaliciaSkills2016  

O alumno do IES de Valga  de 2º de Ciclo Medio de "Soldadura e Caldereiría" Julián Fernández Souto acada a medalla de ouro GaliciaSkills 2016 pola especialidade de Soldadura. Con este triunfo , Julián Fernández clasifícase para  competir  na edición estatal de SpainSkills  que se celebrará en Madrid no vindeiro mes de marzo. Para esta competición estivo titorizado polo profesor Javier Hermida Liñeira.

Tamén participou na especialidade de Enxeñería de deseño mecánico-CAD o alumno de 2º de Ciclo Superior Miguel Suárez Fontenla que tivo unha actuación notable na mesma competición e estivo titorizado polo profesor Antón Castro.

Noraboa o premiado, o seu titor e a todo o centro. Neste enlace podes ver a entrega do premio.

GaliciaSkills é un campeonato a nivel galego onde compiten alumnado de Formación Profesional de  18-21 donde teñen que realizar unhas probas na que se miden as súas destrezas profesionais. 

 
   


page | by Dr. Radut