Skip to Content

Nova experiencia metodolóxica no IES Valga

Comunidades de aprendizaxe co alumnado de 1º ESO C   Comunidades de aprendizaxe co alumnado de 1º ESO C

Comunidades de aprendizaxe co alumnado de 2º ESO B   Comunidades de aprendizaxe co alumnado de 2º ESO B

O luns 6 e o martes 7 de xuño tivo lugar no noso Centro unha experiencia novidosa dentro das metodoloxías de aprendizaxe, levada á práctica co alumnado de 1º ESO C e 2º ESO B.  Esta actividade sobre “Comunidades de aprendizaxe” está dentro do programado polo grupo de traballo que neste curso académico se desenvolveu no Centro. Participaron na actividade diferentes membros da comunidade educativa: nais, alumnado de 1º Bacharelato, persoal non docente e representante do concello. Foi unha diferente e interesante actividade realizada nas materias de Educación Emocional e Lingua Galega no caso de 1º ESO e de Educación para a Cidadanía no de 2º ESO. Neste enlace pódese ollar unha pequena mostra do que foi esta actividade na aula de 1º ESO C.



page | by Dr. Radut