Skip to Content

Exposición "Lendas do mundo" na Biblioteca do IES Valga

Exposición "Lendas do Mundo" na Biblioteca IES Valga                  Exposición "Lendas do Mundo" na Biblioteca IES Valga

Na Biblioteca do noso Centro e ata finais deste trimestre, polo tanto ata mediados do mes de marzo, teremos ocasión de ver a exposición "Lendas do Mundo", feita polo alumnado de 1º ESO durante o curso 2014-2015 e dentro do Proxecto Interdisciplinar. A temática relativa ás culturas do mundo levou ao alumnado, en grupos de tres ou catro alumno@s, a investigar sobre lendas de diferentes culturas mundiais. Unha das actividades realizadas foi a realización deste material feito en cartolina e collage e que agora se pode apreciar nesta exposición. Animávoos a visitala e apreciar o traballo realizado. 



page | by Dr. Radut