Skip to Content

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

visita alumnado Lycée Eric Tabarly

Cinco alumnos da escola profesional Lycée Eric Tabarly da vila francesa Olonne-sur-Mer, xunto co seu profesor Antoine Noël visitaron o noso centro o pasado venres 1 de outubro. O alumnado dun ciclo de Soldadura e caldeiraría, en prácticas en empresas na cidade de Santiago, dentro do programa Erasmus+, realizou un percorrido polos diferentes espazos do noso centro como a Biblioteca ou as aulas e talleres de ciclos. Os profesores do departamento de Fabricación Mecánica, Antonio Mirás e Javier Hermida, xunto co profesor de Francés, Beni Neo acompañaron ao alumnado e profesor do centro francés, complementando a visita que este último realizou a Valga dentro do programa Erasmus+ en cursos pasados. Na páxina web do seu instituto fan referencia a esta visita e ao desenvolvemento do período de prácticas: https://tabarly.paysdelaloire.e-lyco.fr/stage-espagne-ttci/.



page | by Dr. Radut