Skip to Content

Ángela Costa, alumna de 2º ESO no programa Estalmat-Galicia

Ángela Costa participa no programa ESTALMAT

A alumna de 2º ESO, Ángela Costa Suárez,  xunto con outros trinta alumnos e alumnas galegos, participa nunha nova edición do programa Estalmat-Galicia de detección do talento matemático. O pasado fin de semana tiveron a súa primeira actividade cun campamento na localidade coruñesa de Vilarmaior, despois do acto de inauguración na Facultade de Matemáticas da USC.  O programa continuará coa participación no programa, en vinte sábados de cada un dos dous vindeiros cursos, na citada Facultade. Moita sorte nesta aventura a Ángela!!!!

Máis información picando neste enlace.

 



page | by Dr. Radut