O mércores 24 de marzo, o alumnado de Paisaxe de 2º ESO e de Xeografía de 2º Bacharelato realizou unha camiñata nas primeiras horas da mañá. Fixeron un percorrido a pé, visitando o miradoiro do Galiñeiro (Pontecesures), onde ollaron a paisaxe do espazo máis chá de Valga e o parque Irmáns Dios Mosquera á beira do río Valga no lugar de Ponte Valga. Foron acompañados polo profesorado Teresa Sumay e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.