O departamento de Lingua galega e literatura, e para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, convoca o concurso "Nós, as mulleres" dirixido ao alumnado do centro. Os participantes terán que subir unha fotografía á aula virtual da Biblioteca, dentro do seu apartado "Nós, as mulleres". A data límite para envío dos traballos será o 5 de marzo. No ficheiro anexado a esta nova pódense consultar as bases deste concurso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
concurso8marzocurso2021.pdf | 349.64 KB |