Skip to Content

O noso Centro participa en EDUGAL 2020

O IES Valga en EDUGAL 2020

O noso Centro participa desde esta maña no 9º Salón EDUGAL. Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal, é un lugar de encontro para o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas que exerce un papel de asesoramento e orientación ao alumnado á hora de escoller as súas opcións formativas de futuro. Promovido pola Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa (Aempre) co apoio da Xunta de Galicia entre outras entidades, o 9º Salón Edugal reúne 56 expositores no Recinto Feiral de Pontevedra nos que estudantes e familias poden informarse desde hoxe e ata o día 14 de febreiro das diferentes opcións de formación que se ofertan en Galicia. Na cita están presentes a FP, a universidade, diferentes centros de ensino, fundación e empresas colaboradoras da FP Dual, entre outros.

O IES Valga mostra no seu stand a oferta educativa e as saídas profesionais do Ciclo Medio de Soldadura e Calderaría así como o do Ciclo Superior de Construcións Metálicas.



page | by Dr. Radut