Skip to Content

Alumnado de 1º ESO asiste a unha charla sobre uso de internet e as redes sociais

Alumnado de 1º ESO na conferencia sobre o risco das novas tecnoloxías

O alumnado de 1º ESO asistiu na aula de audivisuais a unha charla sobre internet e redes sociais. A charla, titulada "riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais" , está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Durante máis dunha hora, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado como evitar situacións de risco persoal relacionadas co uso de internet e as redes sociais, sobre todo no caso de compartir fotos e vídeos. A actividade foi organizada pola departamento de Orientación.

Alumnado de 1º ESO na conferencia sobre o risco das novas tecnoloxías



page | by Dr. Radut