Skip to Content

Entroido 2020

A celebración do Entroido vaise reslizar a 21 de febreiro durante as últimas sesións. A actividade consiste en que cada grupo de alumn@s (formado por cinco persoas, no mínimo) escolla un cadro de certa relevancia na historia da pintura e faga unha representación interpretando unha breve historia que lle suxira a obra seleccionada. Os disfraces deben imitar as personaxes da pintura. Esa historia pode incluír novas personaxes que non existan no cadro, coa condición de que nun determinado, a posta en escena debe ser o máis parecida posíbel á composición do cadro.

No rodapé desta información podes encontrar como "Adxunto" unha proposta de cadros realizada polo alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, mais pódese escoller calquera outro de fóra desta lista. Unha vez feita a selección, cada grupo debe entregar na Vicedirección o título da obra e os nomes das integrantes. De non haber un número de grupos suficientes para a realización da actividade, suspenderíase a festa do Entroido.

A ANPA Bella Otero colabora cointribuíndo cos premios do concurso, que consisten nunha sesión de karts para o grupo gañador e vales de materiais para os outros premiados.

AdxuntoTamaño
Cadros Entroido 2020.pdf2.68 MB


blog | by Dr. Radut