Skip to Content

Damos os parabéns ao noso profesor Raúl Gómez

 

O profesor do IES de Valga, e xefe do Departamento de Latín, Raúl Gómez Pato, é o gañador da segunda edición do premio Florencio Delgado Gurriarán de poesía. A súa obra presentada, intitulada Vinte, desolación, foi a máis valorada polo xuri, integrado por Xulio Pérez Veiga, Pilar Pallarés, Francisco García Macías, Ramón Nicolás Rodríguez e Jorge Moral Vidal. O premio consiste en 3.000 euros, para alén dunha porcentaxe dos libros publicados coa obra.

A entrega do premio realizouse no pasado sábado no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras, nunha gala conducida por Xosé Barato, María Lado e Lucía Aldao. Oxalá que o ambiente valgués continúe a lle inspirar moitas memorábeis obras como esta.



blog | by Dr. Radut