Skip to Content

Alumnado do IES Valga asiste ao concerto didáctico "Deriva" no Auditorio Municipal

Concerto didáctico Deriva" no Auditorio

Alumnado do Obradoiro de Música de 1º ESO xunto co alumnado da materia de Música de 2º e 3º ESO asistiu, no Auditorio Municipal de Valga, ao concerto didáctico "Deriva". Neste concerto catro músicos interpretaron temas das compositoras Lula Romero, Katharina Rosenberger e Victoria Cheah, Esta proposta musical "Deriva" está enmarcado dentro do ciclo de concertos “En Ruta”, incluído no programa “O teu Xacobeo”, organizado pola Xunta de Galicia para promover actividades de dinamización na antesala do Ano Santo 2021. A actividade foi organizada polo departamento de Música. Neste enlace máis información sobre este evento celebrado na mañá do luns 7 de outubro.

Alumnado no concerto "deriva"



page | by Dr. Radut