Skip to Content

Actividades de fin de curso no IES Valga

O Principiño por alumnado de 3º ESO

Finalizamos o curso 2018-2019 asistindo a tres actividades que ocuparon as últimas horas de clase deste curso. A representación teatralizada de "O Principiño" por parte de alumnado de 3º ESO, asesorados polo profesor de Filosofía, Víctor González foi representada na Biblioteca; pola súa parte alumnado de 4º ESO levou o peso de Matemaxia na aula de Audiovisuais con diferentes trucos relacionados coas Matemáticas, unha actividade asesorada polo profesor desta materia, Javier Fariña. Por último e no Ximnasio tivo lugar unha sesión de baile a cargo de alumnado de 2º e 3º da ESO, mentres o alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO fixo unha actividade de relaxación, sesións asesoradas polo profesor de Educación Física, José Luis Martínez. Noraboa a participantes e asistentes a estas actividades e bo verán a todo o alumnado.

Matemaxia por alumnado de 4º ESO

Baile por alumnado de 2º e 3º ESO

 



page | by Dr. Radut