Skip to Content

MFME02 - Soldadura e caldeiraría

Que se aprende a facer?
Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Curso Código Módulo profesional   Horas Períodos semanais
MP0007 Interpretación gráfica   133 5
MP0091 Trazado, corte e conformación   213 8
MP0092 Mecanizado   160 6
MP0093 Soldadura en atmosfera natural   347 13
MP0096 Formación e orientación laboral   107 4
MP0006 Metroloxía e ensaios   123 7
MP0094 Soldadura en atmosfera protexida   261 15
MP0095 Montaxe   193 11
MP0097 Empresa e iniciativa emprendedora   53 3
MP0098 Formación en centros de traballo   410  

Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2018-2019.

 

Modalidade de formación profesional dual

O IES de Valga é un dos centros onde se poden cursar estes estudos nesta modalidade.

 



page | by Dr. Radut