Charla-Obradoiro de Primeiros Auxilios para alumnado do IES Valga

Alumnado de Ciclos e 4º ESO en charla sobre primeiros auxilios Alumnado de Ciclos e 4º ESO en charla sobre primeiros auxilios  O pasado día 24 celebrouse no IES de Valga unha charla-obradoiro impartida polo Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) do concello de Valga. Nela pretendíase achegar ao alumnado de 1º curso dos ciclos de FP, así como a parte do alumnado de 4º da ESO, a formación necesaria para poder prestar primeiros auxilios en caso de urxencia. A charla estivo dividida en dúas partes, unha teórica e outra práctica. Nela tratáronse temas como: a aplicación da reanimación cardio pulmonar (RCP), a actuación frente a hemorraxias, queimaduras, fracturas e feridas en xeral, así como a súa abordaxe tanto na vida profesional como persoal do alumnado.

 
   

Powered by Drupal - Design by artinet