Skip to Content

O IES DE VALGA ORGANIZA O " I CAMPIONATO DE SOLDADORAS DO IES DE VALGA " PARA PROMOVER A IGUALDADE EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO

O IES DE VALGA  ORGANIZA O " I CAMPIONATO DE SOLDADORAS DO IES DE VALGA " PARA PROMOVER A IGUALDADE EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO O IES DE VALGA  ORGANIZA O " I CAMPIONATO DE SOLDADORAS DO IES DE VALGA " PARA PROMOVER A IGUALDADE EN CONMEMORACIÓN DO 8 DE MARZO 

"I Campionato de Soldadoras do IES de Valga" en conmemoración do 8 de marzo

Esta actividade ten como obxectivo  promocionar o ciclo de soldadura entre as mulleres  e tamén denunciar  que a  escesiva masculinización desta profesión débese  a inercias culturais e de tradición e non a  cuestión de capacidades.

O IES de Valga  organizou o 7 de marzo o  " I campionato de mulleres soldadoras" dirixido a alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Quince alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato demostraron que están igual de capacitadas que os homes

A igualdade tamén se promove soldando ou, cando menos, así sucedeu hoxe no IES de Valga, que conmemorou o Día Internacional da Muller organizando o I Campionato de Soldadoras no que participaron alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Promocionar o Ciclo de Soldadura entre as mulleres e denunciar que a excesiva masculinización desta profesión non é cuestión de capacidades, senón que se debe a inercias culturais e de tradición, foron os obxectivos da proba que as estudantes superaron con nota e, sobre todo, con moitas ganas.

Unha preselección inicial deu paso ao concurso no que participaron un total de quince alumnas que tiveron que facer un cordón de soldadura por fío mediante o procedemento MAG. A tarefa estivo supervisada por Jesús López, profesor do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería e do Ciclo Superior de Construcións Metálicas. Neles só hai unha muller, destaca. “Este é un traballo tradicionalmente de homes e queremos demostrar que as mulleres están igualmente capacitadas”.  O director, Roberto Barral, engade que “a masculinización destes ciclos non se basea en ningunha razón obxectiva. Entre todos temos que cambiar a visión da sociedade, comezando dende o ensino”.

Ainoa Castro proclamouse campiona e Alba Fernández acadou o segundo posto. Recibiron cadanseu diploma e foron gratificadas con 50 e 25 euros respectivamente. Pero o importante non foi a clasificación senón a ensinanza que a experiencia supuxo para as participantes. “Era a primeira vez que soldaba e, despois de facelo, ata me plantexo estudar o ciclo. Debería haber máis mulleres nesta profesión”, sostén Ainoa Castro.

 
   


page | by Dr. Radut