Skip to Content

Portal educativo

Distribuir contido
Actualizado: hace 10 horas 4 min

Selección de estadías formativas en empresas para profesorado de Formación Profesional 2019. Resolución provisional

Mar, 07/05/2019 - 09:30
Idioma GallegoPublicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2019 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

O prazo para efectuar reclamacións, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  Tema: Información xeralProgramas e plansEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Ordenación e Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoCentrosEmpresas
Categorías: Administración

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes definitivas de solicitudes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Mar, 07/05/2019 - 09:07
Idioma GallegoPublicadas a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria  ordinaria 2019.
  Publicadas instrucións e a asociación de centros e de sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2019.
  Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Administración

Publicación das cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019

Mar, 07/05/2019 - 08:48
Idioma Gallego

Publicadas as cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondentes ao ano 2019.

 

 

Tema: Información xeralEnsinanza: Bacharelato de adultosDepartamento: Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas AdultasColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

Os centros de infantil e primaria afondarán na figura de Antonio Fraguas cunha guía didáctica do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo

Lun, 06/05/2019 - 14:43
Summary: A conselleira de Educación e o secretario xeral de Política Lingüística entregáronlle ao centro o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2019 Na categoría de secundaria foi gañador o IES Álvaro Cunqueiro (Vigo)Os proxectos gañadores distribuíranse en máis de 2000 puntos de Galicia e do exterior para festexar as Letras Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron hoxe o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo), nun acto celebrado no propio centro educativo. O certame escolar conta tamén coa colaboración de Feiraco, que estivo representada pola súa delegada comercial, Conchi García.

Carmen Pomar destacou o interese e o compromiso dos membros da comunidade educativa deste centro na elaboración dun traballo gañador que é “froito de factores como o traballo en equipo, a colaboración entre disciplinas, ou a implicación de profesorado e alumnado”.

A conselleira fixo ademais fincapé en que o proxecto plasma á perfección os valores de Antonio Fraguas, “unha persoa boa e xenerosa, un mestre con verdadeira entrega e vocación ao ensino”, e cun gran amor pola cultura e polas tradicións galegas. Citando ao actual presidente da Real Academia Galega, convidou o alumnado a seguir investigando na figura e na obra de Antonio Fraguas, pois “el abre para todos nós a explicación profunda da nosa identidade: o tesouro inmenso da cultura popular”.

Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística incidiu no feito de que “nos carteis que gañaron o concurso percíbese o enorme traballo que hai detrás da exposición gañadora, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado”; un traballo que, en opinión de Valentín García, levou os rapaces e rapazas de Carballo “a coñecer moito mellor a Antonio Fraguas e a ver nel un exemplo de comportamento coherente e comprometido coa lingua e coa cultura galegas”.

Valores e estética

O centro carballés, vencedor deste certame por segunda vez, obtivo o galardón na categoría de infantil e primaria polo seu traballo Antonio Fraguas, con A de agarimo e F de folclore. O xurado salientou o traballo deste colexio por plasmar a vida e a obra do intelectual galeguista a través dun “harmonioso conxunto de carteis en que o coidado estético se combina co emprego das tecnoloxías da información e da comunicación” para ofrecer unha imaxe de Fraguas como “docente e estudoso” e para destacar na súa traxectoria “os valores de bondade, xenerosidade e, sobre todo, amor pola cultura e polas tradicións galegas”.

O traballo gañador está composto por 10 carteis orixinais e inéditos de 70x50 centímetros acompañados dunha guía con actividades que orientan a observación da mostra e fomentan o labor de investigación do alumnado.

Premios e difusión

O Concurso-Exposición Letras Galegas forma parte da programación institucional que a Xunta de Galicia vai desenvolver nas vindeiras semanas en honra de Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedicará o vindeiro 17 de maio, e que pode consultarse no Portal da Lingua Galega.

Ademais da categoría na que foi premiado o centro carballés, o concurso contemplaba outra para os centros de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais, ensinanzas deportivas e ensinanzas de idiomas, na que foi galardoado o IES Álvaro Cunqueiro (Vigo), polo traballo Insuela. Del o xurado destacou “a perfección técnica”, que “se conxuga coa modernidade” nunha serie de carteis que mostran “a traxectoria vital e o legado intelectual de Antonio Fraguas -unha obra dignificadora da cultura popular e das tradicións galegas a través de disciplinas diversas como a etnografia, a xeografía ou a historia- de forma parella ás circunstancias que condicionaron o devir histórico da Galicia do século XX”.

As exposicións gañadoras difundiranse no Portal da Lingua Galega e serán distribuídas por máis de 2000 puntos de interese: centros educativos, lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos, entidades da Rede de Dinamización Lingüística, centros da emigración ou bibliotecas, entre outras. O obxectivo desta difusión é achegarlle ao alumnado, á sociedade galega, á colectividade emigrante e ao estudantado de galego no estranxeiro a figura de Antonio Fraguas Fraguas, a súa obra e o tempo que lle tocou vivir.

Os dous centros educativos gañadores reciben cadanseu premio en metálico por importe de 2000 euros, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha das exposicións seleccionadas obtén unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

Premios autonómicosLingua galegaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar coñece os programas educativos do CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral)

Lun, 06/05/2019 - 12:39
Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Vicente Otero Valcárcel, onde coñeceu os diferentes programas educativos que desenvolve o centro. No seu percorrido polo centro estivo acompañada polo delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, e polo alcalde de Carral, Jose Luis Fernández Mouriño.

A conselleira agradeceu ao equipo directivo e docente do centro o esforzo que está a facer para apoiar o alumnado con dificultades. Neste sentido, o CEIP desenvolve este curso a primeira liña dos contratos-programa, de Reforzo, orientación e apoio (PROA), que busca mellorar as perspectivas escolares deste alumnado a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Así mesmo, Carmen Pomar destacou o traballo que se realiza desde a biblioteca do centro, que forma parte do Plan de Mellora (Plambe), e que queda reflectido nun blog moi activo no que se recollen as diferentes iniciativas desenvolvidas arredor do libro e da lectura, así como outras experiencias interdisciplinares do centro. O centro mantén, ademais, outros blogues como Aprendendo Xuntos, Moita miga, As Clases de Segundo ou outros específicos nas materias de Inglés e Educación Física.

Programas e plansEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/2020

Lun, 06/05/2019 - 10:20
Idioma Gallego

Resolución do 22 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2019/20.

  O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2019.

File:  Resolución do 22 de abril de 2019 (DOG) Resolución do 22 de abril de 2019Tema: Programas e plansCualeEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralColectivo: ProfesoradoAlumnadoCentrosSección: BoletínPortada de boletínLinguas estranxeiras
Categorías: Administración

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2018/2019

Lun, 06/05/2019 - 08:52
Idioma GallegoPublicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de reclamación: do día 7 ao 9 de maio ata as 13.00 horas, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
 

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

A Consellería de Educación convoca a primeira edición do Premio ás boas prácticas de educación inclusiva

Dom, 05/05/2019 - 12:00
Summary: O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de maio Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de convocar a primeira edición do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva. O galardón vai dirixido aos centros docentes sostidos con fondos públicos e está dotado dunha contía total de 18.000 euros. Este galardón nace como unha medida para impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión educativa que se realizan nos centros docentes así como o recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Establécense dúas categorías, unha delas destinada a centros de educación infantil e primaria e a outra a ESO, bacharelato e FP básica. Cada una das categorías contará con 1º, 2º e 3º premio (de 5.000, 2.500 e 1.000 euros, respectivamente) e cun accésit de 500 euros.

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán nunha memoria descritiva o conxunto de boas prácticas de inclusión realizadas. Nesta deberase describir tanto os niveis, áreas, materias e módulos nas que se desenvolveron estas accións como o profesorado implicado, os obxectivos, os contidos, as metodoloxías activas empregadas, o procedemento de avaliación e a implicación da comunidade educativa e da contorna do centro, entre outros detalles. A documentación enviarase ao enderezo electrónico inclusioneducativa@edu.xunta.gal. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 29 de maio de 2019.

As iniciativas premiadas poderán ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.

 

Atención á diversidadePremios autonómicosEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoFormación Profesional BásicaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalServizo de Inclusión e Orientación EducativaProfesoradoAlumnadoCentrosAtención á diversidade e orientación
Categorías: Administración

Carmen Pomar subliña o papel das bibliotecas escolares no fomento da lectura comprensiva e crítica entre os máis novos

Sáb, 04/05/2019 - 13:00
Summary: A conselleira de Educación participou na apertura da II Feira da Ciencia e Literatura de BueuO evento, que conta co apoio da Consellería, foi impulsado polo IES Johan Carballeira en colaboración co resto dos centros educativos de Bueu, Concello e entidades e organizacións locais Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá a II Feira da Ciencia e Literatura de Bueu, pilotada polo IES Johan Carballeira en colaboración co resto dos centros educativos da localidade, así como coa participación do Concello e de entidades e organizacións locais, e co apoio da Consellería, e que ten por obxectivo achegar ao público en xeral a ciencia e a literatura que se traballa nos centros.

A conselleira Carmen Pomar subliñou o interese desta iniciativa que xorde da comunidade educativa e que “fai posible o imposible: que ciencias e letras compartan espazo e que o fagan na rúa, da man das rapazas e rapaces”.

“Os libros agochan no seu interior as chaves para abrir a nosa mente e sementar a curiosidade, fonte de todo descubrimento”, dixo a conselleira, quen puxo en valor o papel que xogan as bibliotecas escolares no fomento da lectura crítica e comprensiva por parte dos máis novos.

“Hoxe podemos dicir con orgullo que as bibliotecas dos centros son un espazo de encontro e de cohesión social, de creación e de pensamento crítico”, abondou Carmen Pomar, que aproveitou para felicitar a comunidade educativa de Bueu por impulsar esta feira.

Ademais de achegar estas dúas disciplinas á sociedade, esta segunda edición márcase como obxectivos desmitificar a ciencia presentándoa como algo lúdico e sinxelo e dar visibilidade ás mulleres destacadas nos ámbitos científico e literario.

Os protagonistas son, unha vez máis, as alumnas e alumnos dos CEIP A Pedra, Torre-Cela, e Montemogos, do CPR Virxe Milagrosa e do IES Illa de Ons, que se encargarán de presentar o traballo levado a cabo neste eido, a través de obradoiros específicos e proxeccións durante toda a xornada.

Información xeralBibliotecas escolaresEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Unha ducia de centros educativos públicos expoñen as súas boas prácticas nas Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras

Sáb, 04/05/2019 - 11:00
Summary: A conselleira de Educación abriu hoxe este encontroVan dirixidas a profesorado especialista no ensino de idiomas Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na apertura das IV Xornadas Galegas de Linguas Estranxeiras, nas que unha ducia de centros educativos públicos da nosa comunidade expoñen as súas boas prácticas en materia de plurilingüismo. O encontro, que se celebra no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, reúne a máis de 400 docentes especializados no ensino de idiomas.

A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia salientou a implicación dos docentes na implantación da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, cuxo obxectivo “é o de estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que as alumnas e os alumnos poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de cada etapa”. “Vós sodes a peza fundamental do sistema educativo, exercendo como coordinadores e coordinadoras nos programas e actividades formativas nas que participades e, sobre todo, actuades como guías desde as aulas dos centros educativos desde os que, día a día, traballades para garantir unha educación de excelencia para todas as galegas e os galegos”, destacou.

Carmen Pomar sinalou, ademais, que nestas xornadas o alumnado que participou nas iniciativas de plurilingüismo durante a súa etapa formativa “vai achegar a súa visión da experiencia e de como esta influíu no seu percorrido vital posterior, persoal, académico e profesional”.

Relatorios e boas prácticas

Durante a xornada de hoxe abordaranse temas como os programas bilingües e plurilingües; o deseño de materiais ou o uso das TIC no ensino de linguas; as funcións das persoas coordinadoras ou dos auxiliares de conversa; a coordinación entre o profesorado coordinador e o profesorado AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras, CLIL ou EMILE en francés), o uso da gamificación para a aprendizaxe de linguas,  ou claves metodolóxicas e de avaliación no ensino plurilingüe. Ademais, por primeira vez darase voz ao alumnado que participou nestes programas durante a súa etapa formativa, que achegarán a súa visión da  experiencia e como esta influíu no seu percorrido vital posterior, persoal, académico e profesional.

A xornada inclúe, ademais da presentación das boas prácticas, conferencias de especialistas no ensino de linguas estranxeiras e no enfoque AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Linguas Estranxeiras, CLIL en inglés ou EMILE en francés), tanto galegos e do resto do Estado como estranxeiros. Así mesmo, impartirán obradoiros centrados nestas competencias expertos chegados do Trinity College London, da Escola superior de Turismo do Mar (Portugal), do CEIP Kantic@ Arroyo e do IES Miguel de Molinos (Aragón), entre outros.

Respecto das boas prácticas, presentaron as súas os IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), Isidro Parga Pondal (Carballo), Plurilingüe A Cachada (Boiro), Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña), Universidade Laboral (Culleredo), Sánchez Cantón (Pontevedra) e Plurilingüe Neira Vilas (Oleiros). Así mesmo, fixérono os CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey (O Pereiro de Aguiar), Pío XII (Santiago de Compostela), de  CEIP Plurilingüe de Pedrouzos (Brión) e o CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra).

Organizadas pola Consellería a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), as xornadas céntranse na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020. O obxectivo é reflexionar sobre a implantación dos programas integrados de contidos e linguas nos centros educativos galegos e mostrar exemplos de boas prácticas docentes. Así mesmo compartiranse claves esenciais para a busca, selección, deseño e recompilación de materiais plurilingües/bilingües cun enfoque integrado de linguas.

Para iso, abordaranse cuestións como o uso das TIC e dos recursos dixitais na didáctica, o apoio do auxiliar de conversa como recurso humano ou a metodoloxía e avaliación no modelo de ensino plurilingüe.

XornadasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Vacantes definitivas do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Ven, 03/05/2019 - 12:41
Idioma Gallego

Resolución do 2 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as vacantes definitivas que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

 

Anuncio principal: Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019Tema: Concurso de trasladosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Administración

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes para o curso escolar 2018/2019

Ven, 03/05/2019 - 09:09
Idioma Gallego

Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.

  • A aplicación das probas realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Servizo relacionado: AvaliaFile:  Resolución do 16 de abril de 2019 (DOG)Tema: Avaliación e calidade do sistema educativoEnsinanza: Educación secundaria obrigatoriaDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes para o curso escolar 2018/2019

Ven, 03/05/2019 - 09:05
Idioma Gallego

Resolución do 15 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.

  • A aplicación das probas realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Servizo relacionado: AvaliaFile:  Resolución do 15 de abril de 2019 (DOG)Tema: Avaliación e calidade do sistema educativoEnsinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes para o curso 2018/2019

Ven, 03/05/2019 - 09:00
Idioma Gallego

Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19.

  • A aplicación das probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Servizo relacionado: AvaliaFile:  Resolución do 12 de abril de 2019 (DOG)Tema: Avaliación e calidade do sistema educativoEnsinanza: Educación primariaDepartamento: Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema EducativoColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Administración

Carmen Pomar aposta pola educación inclusiva e en igualdade e o reforzo da formación docente para frear o acoso nas aulas

Xov, 02/05/2019 - 15:21
Summary: Con motivo do Día Mundial contra o Acoso Escolar, a conselleira de Educación visitou o IES Xulián Magariños, en NegreiraO IES de Negreira é un exemplo de boas prácticas no eido da convivencia escolar, con equipos de mediación, con obradoiros de educación emocional e con programas específicos de concienciación no uso das TIC, entre outros Idioma Gallego

Con motivo do Día Mundial contra o Acoso Escolar, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o IES Xulián Magariños de Negreira, un instituto que é exemplo de boas prácticas no eido da convivencia e é membro fundador da Rede de Centros para a Convivencia Positiva.

Carmen Pomar tivo ocasión de coñecer de primeira man -a través do profesorado e dos propios alumnos- as iniciativas concretas, moitas delas xa consolidadas, que se están levando a cabo neste centro, e que a conselleira puxo de exemplo para o conxunto da comunidade docente de Galicia.

Segundo a conselleira, a loita contra o acoso nas aulas precisa da implicación de toda a sociedade, aínda que tanto o profesorado como o alumnado e as propias familias xogan un papel esencial. No que respecta á administración, fixo fincapé no compromiso do seu departamento por promover unha educación inclusiva e que fomente a igualdade, así como contar con profesionais ben formados para afrontar os novos escenarios derivados das incorporación das redes sociais.

Ao abeiro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 “educonvives.gal”, os centros afondan en medidas a prol dun bo clima nas aulas da nosa comunidade desde distintas perspectivas que inclúen programas educativos nos centros como son os Contratos-programa (que conta cunha liña específica de mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros, na cal participan case 440 centros neste curso); o impulso das Escolas de Nais e Pais, ENAPAS (con máis de 400 actividades e a participación dunhas 500 familias no que vai de curso); ou a posta a disposición de protocolos, orientacións e unidades didácticas específicas que redundan en aspectos como a inclusión e a atención a determinados colectivos.

Canto á formación do profesorado, existe desde o curso pasado un módulo específico de formación en Inclusión, Convivencia e Igualdade que xa superaron preto de 34.000 docentes. A isto hai que engadir os case 160 centros que contan cunha liña específica de Escola Inclusiva e Atención á Diversidade dentro dos seus Plans de formación de Centro; así como as xornadas e cursos específicos relacionados coa educación inclusiva e a atención á diversidade entre outros.

Ademais, a Consellería lanzou este ano un novo macrocuestionario sobre convivencia que actualizará os datos da primeira macroenquisa deste tipo realizada en 2015, co fin de dispoñer dunha diagnose exhaustiva e obxectiva que permita seguir implementando as medidas máis axeitadas á realidade que se constate. Non obstante, cómpre lembrar que o sistema educativo galego ten un bo clima de convivencia, posto que o macrocuestionario realizado en 2015 que agora se está actualizando puxo de manifesto que preto do 85% das familias declararon que os seus fillos non teñen padecido ningunha conduta contraria á convivencia.

Iniciativas do centro

O IES Xulián Magariños dispón desde hai anos dunha estratexia para potenciar a cultura da paz e a non violencia a través de iniciativas concretas centradas en promover cambios de actitude no alumnado mediante ferramentas de comunicación e habilidade social.

Neste senso o centro conta co seu propio plan de mellora da convivencia e promoción da igualdade, así como cun equipo de mediación de conflitos formado polos propios alumnos. Así mesmo, dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia incorpora a iniciativa “365 días de respecto e igualdade” dirixido a alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria; ten en marcha o programa Titoría entre Iguais; e organiza obradoiros de educación emocional (coordinados polo departamento de Orientación do centro e que conta coa colaboración da Anpa), así como charlas e conferencias de concienciación no bo uso das TIC e, en especial, dos teléfonos móbiles.

ConvivenciaEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración

Instrución 4/2019, de avaliación do rendemento da modalidade A das axudas posdoutorais de 2014 das persoas ás que se lles concedera a prórroga da avaliación.

Xov, 02/05/2019 - 10:15
Idioma Gallego

Instrución 4/2019, do 30 de abril, da Secretaría Xeral de Universidades para iniciar o procedemento de avaliación do rendemento do persoal investigador contratado ao abeiro do programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, para o ano 2014 aos que se lles concedera a prórroga da avaliación.

 

Anuncio principal: Convocadas as axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014 Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaColectivo: Alumnado
Categorías: Administración

A Xunta abre a convocatoria do programa Educación responsable para o desenvolvemento da educación emocional

Mér, 01/05/2019 - 12:05
Summary: Conta coa colaboración da Fundación BotínA implementación do programa terá unha duración de tres cursos Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a convocatoria do programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2019/20, que se realiza en colaboración coa Fundación Botín. O programa é unha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentes implementen o programa formando parte da rede de Centros Educación Responsable da Comunidade Autónoma Galega, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte tanto da Consellería como da Fundación.

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes públicos que impartan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (ESO) e formación profesional básica (FP básica).  O obxectivo é promover o desenvolvemento saudable do alumnado, a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias, favorecendo o desenvolvemento da educación emocional, social e creativa para acadar un maior benestar persoal, social e laboral. Así mesmo a iniciativa procura contribuír á mellora do clima de convivencia no centro docente e ao éxito escolar do seu alumnado.

Os centros que se unan ao programa farano a través da participación na convocatoria dos Proxectos de Formación en Centros (PFPP). Educación Responsable desenvolverase nos centros educativos ao longo de tres cursos escolares. O obxectivo do primeiro curso de implementación é que o Equipo de Educación de  Responsable de cada centro participante coñeza as ferramentas didácticas propias da educación emocional e social, así como a súa aplicación na aula.

Na segunda fase, de expansión que se desenvolverá no ano académico 2020/21, o centro participante asumirá este programa como unha liña prioritaria dentro do seu Proxecto educativo. Con este obxectivo,  os responsables de recursos de Educación Responsable forman ao resto dos docentes programando e aplicando as actividades de forma colaborativa, estendendo o programa a un maior número de alumnado.

A fase de consolidación, no curso 2021/22, ten como obxectivo que o centro docente utilice de forma autónoma as metodoloxías, técnicas e actividades e sexa quen de elaborar outras novas, incluíndo obxectivos propios do crecemento emocional, social e creativo do alumnado. Para iso, será necesario que a maioría dos docentes do centro docente incorporen nas súas programacións de aula actividades do programa de Educación Responsable e que se aplique a totalidade dos recursos do programa coa maior parte do alumnado.

Os centros que cumpran os obxectivos establecidos no programa serán acreditados e pasarán a formar parte da Rede de Centros do Programa de Educación Responsable. A solicitude de participación realizaraa a persoa encargada da dirección do centro docente, segundo os requerimentos especificados na convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de maio de 2019.

Programas e plansEducación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Educación abre o prazo para participar o próximo curso no programa de seccións bilingües

Mér, 01/05/2019 - 12:00
Summary: A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe a convocatoria para que os centros sostidos con fondos públicos soliciten a incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2019/20, tal como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia .

Os centros que desexen implantar unha sección bilingüe deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos. O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2019.

A solicitude deberá incluír, entre outros datos, as áreas, materias ou módulos para os que se solicita o programa, as etapas e cursos en que se desenvolverá, a lingua estranxeira de elección, un breve proxecto e o número de alumnos participantes na iniciativa. No referido ao profesorado, xuntarase, de ser o caso, a xustificación acreditativa da súa competencia lingüística no idioma estranxeiro correspondente ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCERL).

Esta convocatoria de seccións bilingües enmárcanse na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 (EDUlingüe), para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, na que se contemplan medidas e accións para a mellora da competencia lingüística en linguas estranxeiras do alumnado galego.

Seccións bilingüesConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoCentros
Categorías: Administración

Convócase a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/2020

Mar, 30/04/2019 - 13:47
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de maio de 2019.

File:  Resolución do 29 de abril de 2019 SolicitudeTema: Proxectos de Formación Permanente do ProfesoradoEnsinanza: Educación infantilEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaColectivo: ProfesoradoCentrosSección: BoletínPortada de boletín
Categorías: Administración

A formación profesional amosará os seus proxectos innovadores e de emprendemento en FP Innova Galicia 2019

Mar, 30/04/2019 - 11:54
Summary: Neste congreso, que se celebra do 8 ao 10 de maio en Santiago, participarán máis de 8000 alumnos, docentes e profesionaisAgárdase ademais a visita de ao redor de 6000 alumnos de centros educativos que queren coñecer a formación profesional Idioma Gallego

A formación profesional galega amosará os seus proxectos innovadores e de emprendemento na cuarta edición do Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2019. Un ano máis, o evento convértese no escenario idóneo para que máis de 8000 alumnas e alumnos, docentes e profesionais intercambien experiencias e coñecementos. O congreso é, ademais, un escaparate único para que os 6000 estudantes que está previsto que o visiten cos seus centros educativos coñezan de primeira man o funcionamento da FP na nosa comunidade. FP Innova Galicia 2019 desenvolverase os días 8, 9 e 10 de maio no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O congreso contará cunha zona expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás, na que as persoas asistentes poderán coñecer a investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 36 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.

Nesta edición haberá un espazo dedicado á simulación virtual con tres simuladores: un simulador virtual de vernizado específico para madeira e moble, un simulador de procesador forestal e un simulador de voo.

Así mesmo, haberá unha mostra de 18 miniempresas creadas por alumnado e profesorado de diferentes niveis educativos e outros programas operativos no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, e que representa a innovación ligada ao emprendemento.

Por outra banda, os participantes no congreso poderán tomar parte nos 19 obradoiros diferentes ofertados polos centros educativos, nos que poderán experimentar coa robótica aplicada, deseño e impresión 3D, vehículos non tripulados, electrónica, imaxe persoal, artes gráficas, téxtil, repostaría, técnicas culinarias ou coctalaría. Nestes obradoiros poderán participar máis de 1.300 persoas.

O acceso a estes espazos ten carácter gratuíto para o público en xeral. Os centros que desexen organizar unha visita para alumnado e profesorado deberán cubrir unha solicitude de inscrición, segundo as instrucións que recibiron por correo electrónico.

Congreso

Ademais da zona expositiva e de obradoiros e simuladores, FP Innova Galicia 2019 contará coa celebración dun Congreso especializado  días 8 e 9 de maio. Nel abordaranse cuestións como a incidencia da tecnoloxía 5 G na actividade produtiva a relación das mulleres coas áreas STEM, a formación e emprego xuvenil en turismo, a necesidade de cualificación para o traballo no mar, as novas tecnoloxías no sector marítimo-pesqueiro ou o reto da FP na automatización das industrias. Así mesmo, abordarase a expansión da modalidade da FP Dual.

Ademais de profesionais dos centros educativos galegos que imparten ciclos formativos, participarán como relatores neste congreso representantes de asociacións de empresarios, de empresas e do Ministerio de Economía de Portugal.

CongresosPlans e actuacións en innovación educativa Formación Profesional inicialConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Administración


by Dr. Radut