Exposición "Abstracción vs Figuración: Miguel Barceló - Luis Gordillo"

O Departamento de Debuxo do IES de Sar e o Departamento de Xuventude do Concello de Santiago convídao a exposición dos traballos realizados por alumnado de Artes durante o curso " Abstración vs Figuración: "Miguel Barceló-Luis Gordillo" impartido por Xoti de Luis.

A inaguración terá lugar o martes 15 de maio ás 19:00 horas no Centro sociocultural  e xuvenil do Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado de Santiago de Compostela. No acto de inaguración faráse entrega do diploma acreditativo expedido polo  Ilmo. Concello de Santiago