Entrega dos libros da ANPA

Dende a Anpa do IES de Sar queremos informarvos que hoxe mércores de 16h a 17h estarán compañeiras da ANPA para entregar libros a quen o precise (dentro das nosas posibilidades).
 
Se ainda quedaran libros e non podedes vir enviade un correo a:  anpadesar@gmail.com e indicade o curso para o que precisedes libros.  Informarémosvos dos que queden dispoñibles.
 
Un saúdo
 
A Directiva da Anpa do IES de Sar